Este domingo remata o circuíto do CorreSAN, coa carreira da Cidade da Cultura, que logo de diversas modificacións do percorrido terá unha distancia duns 5,9 km para a súa categoría absoluta.

Lembrar que se celebrará o domingo 14 de outubro ás 10:30 h. para esta categoría, con saída na Cidade da Cultura e chegada no interior do Estadio de San Lázaro (a nosa sede deportiva), polo que o idóneo é aparcar nas inmediacións do estadio e logo ir facendo o quecemento ata a Cidade da Cultura.
A carreira escolar será ás 11:30 h. con saída e chegada no entorno do Estadio de San Lázaro, completando un percorrido de pouco máis de 2,1 km.
Haberá servizo de duchas no propio Estadio de San Lázaro.
Polo de agora no é que haxa unha gande inscrición (polo menos na carreira absoluta), polo que animamos a que todo o mundo participe, xa que hoxe mércores é o último día para inscribirse (ver información oficial máis abaixo).
En canto ao noso equipo, a día de hoxe contamos cuns 18 anotados entre todas as categorías, o cal non está nada mal, pero cantos máis sexamos mellor, xa que queremos estar arroupados ao máximo posible na celebración da clausura do circuíto, que terá lugar unha vez rematadas todas as carreiras, e onde se entregarán os diferentes premios por categorías e equipos.
Fontes: FGA e Delegación de Santiago (http://www.atletismogalego.com)
| O CIRCUÍTO DE CARREIRAS SAUDABLES CORRESAN CELEBRA A SÚA ULTIMA PROBA NA CIDADE DA CULTURA |
 O domingo 14 de outubro celébrase a 4ª e definitiva proba do circuíto de carreiras saudables CorreSan. Este circuíto comezou alá polo 23 de xuño no Campus Sur, e tivo a súa 2ª e 3ª proba no casco histórico de Santiago de Compostela e no Centro Comercial Compostela respectivamente.
Agora toca o seu fin e será de forma espectacular cunha proba absoluta que sairá, por primeira vez, da Cidade da Cultura e concluirá no Estadio Multiúsos de San Lázaro.
 Os máis de 700 atletas que participaron entre todas as probas do circuíto máis os inscrito nesta derradeira proba, poderán gozar deste espectáculo, o cal partirá ás 10.30 horas da Cidade da Cultura coa saída da proba de adultos, e concluirá ás 11.30 coa proba de escolares que partirá e concluirá no Estadio Multiúsos de San Lázaro.
Unha vez conclúan estas probas realizaranse unha proba das categorías prebenxamín e benxamín con inscrición o día da proba en homenaxe ao 75 aniversario da Victoria Club de Fútbol e unha gran festa con inchables onde se repartirán os premios do circuíto de todas as categorías e clubs premiados participantes.
Como é habitual, as inscricións da carreira de adultos poderase realizar na planta de deportes do Centro Comercial Compostela con prazo ata o mércores 10 de outubro ás 21 horas. Tamén se poderán realizar a través da web www.championchipnorte.com. As categorías escolares cría, infantil e cadete poderán remitir as súas inscricións ao correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou a través das webs www.atletismogalego.org e www.fgatletismo.es/santiago. Tamén as poderán realizar na planta de deportes do Centro Comercial Compostela nos horarios indicados arriba.
Espéranse máis de 500 participantes entre escolares e adultos nesta última proba do circuíto organizada polo Departamento de Deportes do Concello de Santiago e baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo."
REGULAMENTO-CIRCUITO
DELEGACIÓN DE SANTIAGO DA FGA
En marcha a 4ª proba do circuito de Carreiras Saudables de Santiago.
O domingo 14 de outubro ás 10:30 horas darase o pistoletazo de saída a última proba do circuito, unha carreira de 5,9 km cun novo circuito que nos levará ata o Estadio Multiusos de San Lázaro.
Compre lembrar que poderase participar individualmente en cada proba do CorreSAN anque non se tome parte na clasificación do circuito.
OS PREMIOS DO CIRCUITO SERAN ENTREGADOS NO ESTADIO MULTIUSOS DE SAN LAZARO A CONCLUSION DA ULTIMA PROBA DO CIRCUITO (CORRESAN CIDADE DA CULTURA “75 ANIVERSARIO VICTORIA FC”).
La prueba de escolares partirá y llegará del Estadio de San Lázaro a las 11:30 horas.
|