martes, 2 de outubro de 2012

Atletismo: XIV Carreira Festa do Marisco, O Grove

O pasado domingo tivemos representación atlética na XIV Carreira “Festa do Marisco” do Grove.

Foto de Walter grazas ao Atl. A Estrada
Dobrarían, despois de participar no CorreSan o día anterior, Manolo e Walter, imparables nesta última semana.

A carreira, gratuíta e con premios económicos para os gañadores, na súa categoría absoluta tería unha distancia de 6,2 km por terreo mixto (asfalto e terra), discorrendo polo paseo marítimo de O Grove e a illa da Toxa, con algunha rampliña pola zona. Na categoría cadete, onde participaría Walter, a distancia oficial foi de 1,5 km.

Foto grazas a Xandra
Manolo faría unha boa marca, e, como nos comentou, sempre lle sucede cando dobra competicións. Remataría no posto 204 (de 320 que remataron, récord de participación), 23 da categoría, cun tempo de 28:38 e un ritmo de 4:37/km. Na categoría absoluta gañaría Alejandro Fernández nos homes, e Ercília Machado nas mulleres.

Na carreira cadete Walter remataría en postos de honra, facendo o 3º posto, e, ao parecer, deixando escapar case no último momento o 2º posto. Felicitamos dende aquí ao que será un dos nosos novos federados para a tempada que vén, e o animamos a seguir traballando como o está facendo.

Polo tanto, día redondo no Grove, cunha boa mañá para correr, meteoroloxicamente falando, nunha carreira que ano a ano vai medrando e xa se está a consolidar como unha cita habitual ao final da tempada de atletismo.

Xa en nada novas citas de fin de semana para o club na carreira de Brión e na Coruña 10.

Clasificacións
Oficial absoluta (Cronotec)

Fotos
Foro de Correr en Galicia

Patrocinadores

Arquivo