domingo, 30 de setembro de 2012

Atletismo: CorreSAN Hipercor (Paxonal do Castiñeiriño)

Esta sábado unha nutrida representación do Noitebra Atletismo participo na terceira carreira do circuíto do CorreSAN celebrada no Hipercor.
Jaime R. á caza de Juan Carlos Mosquera. Foto grazas a Moses
Corríamos polo tanto na nosa casa e fíxose notar non só pola alta participación de noitebros e futuros noitebros (se os sumamos, uns 17 e a pesar das baixas), senón tamén pola grande cantidade de amigos, coñecidos e xente do equipo cos que nos atopamos e que nos animaron ao longo da tarde.


Foto grazas a Davil
A carreira xa a tiñamos máis que estudada e sabiamos de antemán que ía ser dura polos continuos sube-baixa pola zona do Monte do Xeixo, parque do Paxonal e zona do Restollal, na contorna do Castiñeiriño (primeira carreira pedestre que transcorría integramente polo noso barrio - por moito que algúns se confundan co veciño de Pontepedriña alá embaixo onde o río- dende hai xa moitos, moitos anos).
Foto grazas a Moses

Polo tanto, moito respecto ao trazado da proba, onde os escolares darían unha volta que, grazas ao fenómeno do guía que ía en cuad, se quedaría nuns 1,8 km, e os adultos dúas voltas para completar 4,4 km con saída e chegada na porta principal do centro Comercial Compostela (Hipercor-El Corte Inglés).
Foto grazas a Moses
Saída algo tardía dos escolares por mor de controlar plenamente o "cristo" que se foi montando co tráfico de entrada ao centro comercial dende o acceso de Pontepedriña e “Vuelva mañana”. Os nosos, Moisés, Walter e Miguel M. estarían a moi bo nivel e a pesar da dureza do circuíto.

Foto grazas a Moses
Os adultos sairían ás 18:35 h., e de principio os da cabeza o tomarían con calma ao ter que afrontar xa a subida polo Monte do Xeixo cara o Cottolengo. Logo xa se irían embalando pola urbanización do Restollal abaixo ata entrar no parque, para finalmente sufrir a gusto pola subida da rúa Luis Iglesias (onde a casa do noso Presi) ata, de novo, ao centro comercial, e volta a empezar.

Foto grazas a Moses
A proba sería gañada por Juan Pablo Fernández. Nas mulleres vencería Yolanda Gutiérrez (recentemente 4ª no campionato de España de Maratón, celebrado en Tordesillas).

En canto aos nosos, debutaría no equipo, e con gran ilusión Jaime R., e, o que tivo retivo, facendo un 5º posto na xeral (3º na categoría), a pesar, segundo el, de pinchar ao final. Carreirón tamén de Jose, que, de menos a máis, foille collendo o pulso ao percorrido, para rematar case entre os 10 primeiros. Logo iríamos chegando o resto a escasos segundos de diferenza uns doutros, destacando tamén, por non variar, o 1º posto de Puri na súa categoría, e os 3º e 4º posto, respectivamente de Pepe e J. R. Abel (estes tres si que son os auténticos cracks do noso equipo. Quen chegara así a súa idade.).

Foto grazas a Moses
En definitiva, grande carreira, divertida e cun sabor especial por ser na casa, polo que enche de orgullo a resposta que tivo o noso equipo.
   
Foto grazas a Davil
Agradecer unha vez máis o esforzo feito polos organizadores (mención especial para Iván Sanmartín polos favores feitos), que a pesar das dificultades ofrecidas polo lugar (tráfico, terreo, etc.), souberon ofrecernos un inmellorable escenario para o espectáculo que logo se había ver.
Foto grazas a Moses

Xa non queda nada para a última carreira do CorreSAN, na Cidade da Cultura o domingo 14 de outubro. Bonita carreira na que remataremos dentro da nosa sede deportiva: o Estadio de San Lázaro. Animádevos a participar!! É a última cita na nosa cidade antes da Pedestre de Santiago.



Foto de parte do grupo grazas a J. Bernal

 Percorrido e perfil
Percorrido
Perfil

Clasificacións
Oficial absoluta (Championchip)
Escolares (FGA)
Circuíto do CorreSAN
Todas as clasificaicóns do circuíto (Delegación de Santiago da FGA)

Os nosos


Fotos
Foro de Correr en Galicia
Fotos grazas a Ángeles
Fotos grazas a Silvia e Marcos L.

Patrocinadores

Arquivo