mércores, 26 de setembro de 2012

Atletismo: Previa CorreSan Hipercor

Hoxe día 26 de setembro péchase a inscrición para a 3ª proba do CorreSan, que se celebrará a tarde do sábado día 29 no Hipercor-Paxonal do Castiñeiriño. Como sabedes, temos a nosas sedes sociais neste barrio, polo que corremos na casa e TEMOS QUE FACERNOS VER MÁIS QUE NUNCA.

Aquí vos deixamos a información enviada polos nosos amigos da Delegación da FGA en Santiago:


Estimados clubes, atletas e centros escolares.


Xa está próxima a celebración da 3ª proba do CorreSan, circuito de Carreiras Saudables do Concello de Santiago que se celebrará o sábado 29 de setembro no entorno do Centro Comercial Compostela-Hipercor-El Corte Inglés Santiago. Esta proba cuio circuito tedes adxunto, se levará a cabo polo fermoso Parque Eugenio Granel onde se celebran as tradicionais probas de campo a través escolar da Secretaria Xeral para o Deporte.

Compre lembrar que haberá unha proba para escolares de 2200 m aproximadamente que sairá ás 18.00 horas diante da entrada principal do Centro Comercial, e outra de adultos que sairá ás 18.30 horas do mesmo lugar.



Todos aqueles centros escolares, clubes ou atletas que non tomaron parte nas dúas primeiras probas, poderedes facelo tanto nesta proba do 29 de setembro, como na que pechará o circuito da tempada 2011/12 que se celebrará o domingo 14 de outubro de 2012 desde a Cidade da Cultura. Para elo, os atletas das categorías xuvenil en adiante, e dicir, os nados en 1996 e anteriores poderán facer a súa inscrición na web www.championchipnorte.com ou no Centro Comercial, na planta de Deportes ata o mércores 26 de setembo ás 22 horas.

Os atletas das categorías alevín (2001/02), infantil (1999/2000) e cadete (1997/98) poderán facer a súa inscrición a través da web www.atletismogalego.org (picar baixo o cartel negro do CORRESAN e rellenar o formulario de inscrición) ou no Centro Comercial, na planta de Deportes ata o mércores 26 de setembo ás 22 horas.



Toda a información relativa o circuito poderán consultala na web www.fgatletismo.es/santiago


REGLAMENTO DO CIRCUITO NO SEGUINTE ENLACE:





Un saúdo afectuoso e agardamos a vosa presencia o vindeiro sábado 29 de setembro. 

Patrocinadores

Arquivo