Nova carreira de longa distancia para os atletas do Noitebra. Volveríamos a Vilagarcía de Arousa logo duns anos, pero nesta ocasión para participar na I Media Maratón Solidaria Zona Aberta, posible herdeira da proba que xa se celebraba no mesmo circuíto anos atrás.
Grande participación de atletas do equipo, o cal ten moito mérito para ser o tipo de proba que era, e xeniais resultados, con Jaime Rivas e Puri Bermúdez como protagonistas.
| Foto de grupo grazas Mark |
Grande participación de atletas do equipo, o cal ten moito mérito para ser o tipo de proba que era, e xeniais resultados, con Jaime Rivas e Puri Bermúdez como protagonistas.
Domingo algo fresco de entrada, pero propicio para competir, nun percorrido de 3 voltas a un percorrido con poucas variacións no seu perfil, respectando o trazado homologado pola RFEA no seu día.
Gañaría a carreira Santiago López, nos homes, e Miriam Chapela nas mulleres, que lle sacaría só 9 segundos á nosa Puri.
Moi boa organización da carreira en todos os sentidos, con excelente trato ao corredor, feito polo cal felicitamos aos responsables, deixándonos como antano un moi bo sabor de boca, e desexando que continúen con novas edicións da proba.
Próximas citas
- Cea da sección o venres 30 de novembro ás 22:30 h.
- VII Carreira Popular de Vedra (non FGA, non CorreNoitebra): domingo 2 de decembro.
- VII Carreira Popular de Vedra (non FGA, non CorreNoitebra): domingo 2 de decembro.
Fotos grazas a Mark (feitas por Walter)
![]() |
| Por non variar, Puri no podio |
Percorrido e perfil
![]() |
| Percorrido |
![]() |
| Perfil |
Clasificación
Oficial (Championchip)
Fotos








