xoves, 29 de novembro de 2012

Atletismo: 35 Maratón de San Sebastián

Non podía faltar ter unha mención especial esta semana para Rubén, que vén de participar na 35 Maratón de San Sebastián, celebrada o pasado 25 de novembro.

Nun día ben húmido, o nosos atleta conseguiría facela nun tempo oficial de 4:06:04 (4:03:47 real) e a un ritmo real de 5:47 o Km.

Chegaría no posto 2297 da xeral e no 465 da súa categoría.

Non podemos facer máis que felicitalo polo seu logro e por seguir acumulando maratóns á súa experiencia atlética. Agora a recuperarse!

Destacar tamén que nesta carreira, a nosa veciña, Yolanda Gutiérrez gañaría a proba feminina!!

Máis información da carreira:



Patrocinadores

Arquivo