mércores, 14 de novembro de 2012

Subvención Kutxabank para o Noitebra F.C.

Dende a directiva do Noitebra F.C. queremos lembrar a necesidade de que tanto os integrantes da sección de fútbol como de atletismo fagan un esforzo por colaborar co club abrindo unha conta persoal no Kutxabank en nome do Noitebra. É o único xeito no que poderiamos gozar da subvención económica proporcionada por esta entidade a través da súa acción social.

Toda a información e condicións están recollidas nas bases entregadas/enviadas no seu momento tanto aos futbolistas como aos atletas do noso Club.

Sabemos que non son tempos fáciles, pero o certo é que esta operación non supón custe algún, xa que os cartos depositados nesta entidade se poderán recuperar a partir da data indicada nas citadas bases. Pola contra, quen non colabore terá que irremediablemente facer fronte a todas as cotas  de socios asignadas, e incluso, de non lograr os méritos deportivos que lle otorguen o dereito de bonificación sobre os gastos federativos, non obterá reintegro algún dos mesmos.

Mirade ben o tema, porque o prazo para abrir a conta e obter dita subvención remata a finais deste ano 2012 e logo nunca máis poderemos optar a ela.

Boa parte da directiva xa fixo o esforzo e temos a nosa conta feita. Agora é a vosa quenda. Non deixedes pasar esta oportunidade pola que seredes recompensados.

Lembrade tamén que en Santiago de Compostela a oficina do Kutxabank está situada na rúa da Senra, baixando cara a Carreira do Conde. Alí teredes que preguntar por Rocío Nieto, que xa está ao tanto do tema.




Patrocinadores

Arquivo