luns, 12 de novembro de 2012

Atletismo: 33 Carreira Popular de Negreira (FGA)

Novo día histórico da sección de atletismo do Noitebra ao lograr o 4º posto por clubs e con 25 chegados á meta na categoría absoluta da 33 Carreira Popular de Negreira. Ademais Puri Bermúdez alzaríase eco 2º posto na súa categoría, só detrás de nada máis e nada menos que Mª Jesús Gestido.
Parte do equipo de Negreira acompañando a Puri e a súa copa. Foto grazas a Mark L.
O compromiso co equipo fíxonos ser o equipo con maior participación (se os números oficiais non nos engana) na categoría absoluta, o que nos dá dereito a unha subvención por parte de Concello de Negreira de 3 euros por atleta chegado á meta. O Noitebra F.C. ofrécevos dúas opcións para xestionar a axuda: doala a club ou ben solicitar o reintegro da inscrición, previa petición á seguinte dirección de correo electrónico: noitebrafc@gmail.com (por favor, esperade ata semana que vén ata que o Concello nos confirme o logro da axuda).

Jaime Rivas Jr.
Mágoa non ter logrado o podio na competición por puntos, que nos deixou a 25-26 puntos do galardón e premio de 100 euros. No obstante, parabéns e grazas a todos polo esforzo!!

Fleky
Día frío e con choivas previas nunha mañá de domingo de inverno, aínda que por sorte durante a carreira non podemos ter queixa, xa que mesmo chegou a lucir o sol.

Gonzalo Silva
Percorrido rompe-pernas xa clásico, con saída en frío costa arriba. Logo a pillarlle o ritmo a base de parriba-pabaixo. En total 10 km bastante precisos (falta homologalos) onde nos atopamos con bastante nivel con respecto ao ano pasado, e non só polo feito de que andasen por alí uns cantos atletas keniatas, senón porque a xente se puxo as pilas, especialmente na competición por equipos.

No plano individual, gañaría a carreira masculina Tsegaye Mekonnen, e a feminina Marta Tigabea Mekonen.

Amador e Abel
Noso nosos, grande carreira, coma sempre, de Jaime Rivas Pereira, en preparación para retos de longa distancia. Ademais hoxe pódese considerar un día especial para el, xa que compartiu por primeira vez cores co seu pai, Xaime Rivas P., recentemente federado no Noitebra F.C. (somos un club familiar no sentido estrito da palabra, jejeje). Logo virían Jose, Carlos...e así a ta pechar os dez puntuables con M. Pirri (petado polo frío e flato...baixo...). Excelente carreira, entre estes 10, de Julio (irmán-ísimo de Jose...), Víctor, Óscar (en recuperación logo de visitar aos vampiros...) Gonzalo Silva e Mark Losada, que axudaron a un servidor a non renderse...Tamén neste grupo hai que salientar o debut oficial como noitebro de Fleky Rodríguez, que cumpriu coma nunca (o laranxa tira...).

Sebas
Sobre o resto da tropa e valentes cumpridores, destacar o bo estado de forma de Sebas Munín e a posta a punto de Dani Becerra, que, por certo, xa ten apalabrada a incorporación do seu irmán ao equipo (insisto no de equipo familiar???). Mención especial para Fran, que nin acabando de ser pai deixa de lado á súa outra familia. Logo, Abel, Fernando, Mallo, Anxo, Manolo, Ramón Alende, Miguel Tarrío, Moncho Iglesias, Ángles, Nacho... dende logo moito vos temos que agradecer o feito de dalo todo hoxe...

Jaime Rivas
E non podíamos marchar sen nada. Para iso estivo Puri, realzando a nosa autoestima como club con ese segundo posto na categoría e copazo como trofeo, nun día no que seu irmán Pepe (e dálle coa familia...) foi baixa por temas laborais.
Felicitacións a tod@s!!!


Ramón A.
En canto á competición por equipos, 1º posto para A Poutada, 2º San Miguel de Oia e 3º Milladoiro. O noso equipo rematou 4º por apenas uns puntos e coa mel nos beizos xa que nos recontos iniciais saímos como terceiros, pero un servidor, sempre prudente, ata velo oficialmente non confiaba, como así foi. No obstante, como se adoita dicir, xa andamos a “chamar á porta...” Con todo, enviamos as nosas felicitacións aos gañadores!!

Anxo
Finalmente felicitar tamén á organización, que ano a no estase a superar. Iso, si, o feito de dar moitos premios ten o inconveniente de que cando non comezas a cerimonia de forma puntual, rematas ás tantas, e non me imaxino como farían os que viñan de lonxe...



Miguel T.
 
Próxima cita nunha nova carreira FGA puntuable para o Corre-Noitebra: 36 Carreira do San Martiño (Ourense).

Ángeles e Nacho

Tamén ao longo desta semana toca facer resumo do que foi a tempada 2011-2012. Estade ao loro para rememorar os mellores momentos do equipo o curso pasado...




 Fotos de arriba por xentileza de Moses



Puri = triunfo asegurado. Fotos de Moses.


Percorrido e perfil
Perfil
  
Clasificacións

Os nosos




Fotos

Patrocinadores

Arquivo