PRESENTAMOS O CORRE-NOITEBRA 2012-2013!!
Para motivar a que os atletas do club participen en probas do Calendario da Federación Galega de Atletismo, o Noitebra F.C. Atletismo pon en marcha o Corre-Noitebra. Consistirá no seguinte:- Competición por nº total de carreiras do calendario FGA ao longo da tempada 2012-2013 (novembro-outubro).
Estableceránse dúas clasificacións: categoría feminina e masculina, e ao final da tempada o club premiará aos tres primeiros homes e mulleres. En caso de empate a carreiras, desempatarase en funición do nº de Km. acumulados.
Participarán automáticamente os atletas federados de categoría xuvenil en diante.
O cómputo será levado dende o club, pero no caso de non figurar algunha carreira, será o atleta quen o notifique a Fran Méndez. Do contrario, non se lle terán en conta as carreiras que lle poidan faltar.
A tempada iniciarase xa na primeira fin de semana de novembro do 2012 e finalizará a última de outubro de 2013.
Para saber cales son as carreiras do Calendario Oficial da FGA podes acceder dende este link e ver cales levan a etiqueta GAL, así como aquelas de ámito nacional que se disputen en Galicia (por exemplo, Negreira). Tamén colocaremos na Axenda do club (columna lateral do blog) as siglas FGA ás carreiras que corresponda, e nas que conte de participar o club, pero lembrade notificar se contades de ir a algunha máis non recollida nesta axenda para incluíla/tela en conta no reconto.
Adiante co Corre-Noitebra!!
Clasificación:
Clasificación:




