Este domingo tiña lugar a XIII Carreira Pedestre Popular de Ames, cunha enorme participación en xeral, e de atletas noitebros en especial.
![]() |
| Xesto de Fran á chegada. Fonte: El Correo Gallego |
A crónica é xentileza de Xaime Cortizo, que pouco a pouco está a retornar ás carreiras:
Parecía que o domingo ía presentarse chuvioso en primeira instancia, pero o clima deu unha agradable sorpresa e aínda que fresca, a mañá íase presentando máis soleada conforme ía avanzando.
A participación prevíase multitudinaria, para unha proba que vai crecendo ano a ano, en datas sempre ao redor da Pedestre de Santiago, co arrastre que iso supón.
![]() |
| Moncho na chegada á meta. Fonte: El Correo Gallego |
Unha vez aterrados en Bertamiráns tocou a correspondente retirada de dorsais e os quecementos máis ou menos intensos dependendo do persoal. Moitos noitebros déronse cita nesta primeira proba da tempada, preto de vinte estaban na liña de saída, que tivo lugar sobre as 11:00 horas desta bonita mañá de novembro.
Despois tocou unha carreira practicamente chan por un percorrido fermoso polo val do Sar, con algúns tramos de terra con escaso barro para o que se podía intuír nun principio. Íase desenvolvendo o percorrido de volta a Bertamiráns para completar os 7.900 metros da proba absoluta, cuns cuantos rodeos que confundían sobre o final exacto, talvez o único pero á proba, por outra banda moi agradable de correr.
![]() |
| Puri no máis alto, como case sempre. Fonte: El Correo Gallego |
Con respecto aos tempos, supoño que habería de todo, e, por suposto, hai que facer especial mención a Fran, ao que Pedriño permitiu completar unha carreira máis. Esperemos que para a próxima carreira xa este xoven noitebro estea a animar na distancia e en menos de nada correndo coa camiseta laranxa xunto aos seus pais :)
Felicitar a todos, e en especial a Puri que suburía ao podio.
Debutarían co equipo Gonzalo S. e Dani B. Benvidos!!
Próxima carreira: Negreira. Convocatoria oficial do Noitebra aquí.
Clasificación
Prensa








