O Noitebra F.C. Atletismo fai convocatoria para competir por equipos na 33 Carreira Popular de Negreira, puntuable para as bonificacións recollidas nas bases que regulan a actividade atletica do Noitebra para a tempada 2012-2013.
A carreira será o domingo día 11 de novembro, ás 11:30 h., para os adultos, e as 10:45 h. para infantís e cadetes.
A inscrición individual rematará o mércores día 7 de novembro ás 22 h. Todos os atletas federados teredes que facer esta inscrición individual a través da web de turesultado.es Quen teña dificultades para facer o tramite que avise a Miguel Nogueira. A continuación, o club enviará a listaxe oficial de atletas, coas súas correspondentes licencias federativas, que competirán por equipos nesta carreira.
Lembrade que na competición por equipos puntuarán 10 atletas. Así mesmo, o Concello de Negreira subvencionará con 3 euros por cada atleta dun mínimo de 20 que cheguen á meta (entre todas as categorías). No caso de lograr ser máis de 20, os atletas do club poderán solicitarnos o reintegro da inscrición ou deixar a contía como donación para o equipo.
Quen estea sen federar, aínda está a tempo de facelo. Máis información sobre o proceso aquí.




