Día de festa atlética na 35 Carreira Pedestre de Santiago, onde non fallou a participación do Noitebra F.C.
| Foto de grupo grazas a O Presi, pero feita polo Admin. de Correr en Galicia |
O pasado domingo fomos unha gran familia, xuntándonos uns 25 noitebros entre atletas de todas as categorías, socios e amigos, que calzaron as zapatillas para correr por Santiago adiante.
| Foto grazas a Rakel |
| Foto grazas a Rakel |
Mañá fresquiña, pero de sol, que iniciamos con foto de parte do grupo na Avenida de Xoán XXIII. Logo de colocarnos nos caixóns de saída por tempos, fíxose a saída cunha gran puntualidade, e tocaba ir a lume pola subida ata San Caetano, para logo estrear a nova zona de As Cancelas (túnel). Despois, poucas novidades (se consideramos novidade que a rúa de San Pedro cada día está máis escarallada).
| Foto grazas a Xinzo |
Xa na Porta do Camiño comezaba a animación que se estendería ao resto do xa tradicional percorrido cara a zona nova e tramo final de Vite-Basquiños-zona vella. Foi habitual en moitos tramos escoitar berrar o nome dalgún de nós ou un “vamos Noitebra” que che facía ir por uns intres “no aire”. Entre esta xente, moitas caras coñecidas entre o público, que aproveitaron a boa mañá para vir a apoiarnos, cousa que non esqueceremos. Grazas a todos/as!!
| Foto grazas a Xinzo |
E tamén, como non, unha chea de xente correndo. Non chegou aos números que se indica na prensa, pero non está nada mal (preto de 5.100 persoas chegadas a meta entre adultos e escolares), aínda que xa sabemos que carreiras como os 10 km de Ourense e a Media Maratón Vigo-Baiona xa lle gañan neste aspecto á nosa carreira. No obstante, o que é insuperable é o tramo final da zona vella, que ningunha carreira galega pode igualar.
| Foto grazas a Xinzo |
Da gusto ver como, por exemplo, cando pasas polo Toural fas que todo o mundo reaccione ao teu paso. Iso non sucede en todos os lugares (un servidor xa ten por costume alí, aínda indo petado polo ritmo de baixada, berrar un “vamos Santiago”, para o cal sempre hai una resposta animosa do público).
| Foto grazas a Xinzo |
Unha das novidades este ano foi pasar o avituallamento para a zona de Santa Isabel, eliminando o do Campus Sur, e adiantando, pois, o de Vite. O que pasa e que pola rutina (para os que levamos xa un lote de participacións nesta carreira) case que se nos pasa desapercibido. Tamén se pasou a zona de control para Galeras (anteriormente no Campus Sur), ademais dos xa citados caixóns por tempos na saída.
| Foto grazas a Xinzo |
Gañaría a carreira Lolo Penas, nos homes, e Sara Pinho nas mulleres. Nos nosos, carreirón en xeral de todos, pero destacar novamente a Jaime R., descalificado, sen motivo, durante un bo anaco, pero afortunadamente se resolveu o tema sen maior problema (inxusto sería tendo en conta que se reencontraba con esta carreira despois de moitos anos). Tempazos de Carlos e Jose, sen esquecer a Óscar e Fleky, Víctor, Marcos L., etc., así como os valentes (ou tolos) que viñamos de dar cera na Media Maratón de Pontevedra (M.Pirri, Fran, Puri e Nacho). Recuperación case-milagrosa de Manolo, arrastro semanas atrás por unha lumbalxia, pero a carreira da nosa cidade vese que cura como man de santo.
| Foto grazas a Xinzo |
Tampouco podemos deixar de citar a Marcos SADEGA, que reapareceu despois de pasar por diferentes molestias físicas. Rubén, Sebas, Abel, José Antonio, Pepe B., Jaime C., Ramón, Anxo, Lucía... e moitos outros noitebros e amigos (entre os que cabe destacar a participación de vellas glorias do equipo fútbol como Richy, Kike e O Presi Pepe, exercendo este de federado por un día...), axudaron a tinguir de laranxa as rúas composteláns, vindo con moitas gañas para facer piña co equipo de atletismo.
![]() |
| Foto grazas a Ángeles |
Non faltaron tampouco os nosos nenos, que deron o callo ate o final, destacando a gran carreira de Migueliño M., que sendo o máis pequecho puido ben cos maiores Moisés e Walter.
![]() |
| Foto: El Correo Gallego |
E se non estamos errados, ata teríamos representación no coche do crono, que vai diante marcando o percorrido. Mallo ao volante e Belén de acompañante terían a oportunidade de ir diante dos galgos da carreira
En definitiva, non defraudou nin a carreira nin os noitebros, nunha proba cada día mellor organizada claramente polo efecto das recomendacións e boa obra da Delegación de Santiago da FGA. Esperemos que siga así a cousa en vindeiras edicións.
Con esta carreira remata a tempada 2011-2012 de atletismo federado. En nada comezamos unha nova, pero antes, nuns días, tocará facer balance do que foi este ano atlético, cheo de éxitos para a historia do club.
![]() |
| Foto no Obradoiro grazas a Ángeles |
Vamos Noitebra!!
Percorrido e perfil
![]() |
| Adultos. Fonte: El Correo Gallego |
![]() |
| Escolares. Fonte: El Correo Gallego |
Clasificacións
Os nosos (clic para agrandar)




.jpg)





