luns, 22 de outubro de 2012

Atletismo. XVII Media Maratón Cidade de Pontevedra

Este domingo os atletas do Noitebra participaron na XVII Media Maratón Cidade de Pontevedra

Foto do equipo grazas a Fran
Os nosos representantes serían Puri, Nacho L., Fernando, J. M. Mallo, Fran e M. Pirri. Pepe sería baixa por lesión, aínda que cremos que non corre risco a súa participación na Pedestre de Santiago.



Foto grazas a Santi Casas
Cun clima inmellorable para competir, case 1200 atletas se citaron nesta cidade para competir nunha proba organizada coa colaboración da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, e que, xa anticipamos, foi sobresaliente (sinalización do percorrido, atención ao atleta, avituallamentos, etc.).

Foto grazas a Santi Casas
Con grande puntualidade, ás 10:30 h. saíu a carreira, e a xente xa se vía que ía a lume de carozo, incluídas as lebres postas pola organización para distintos tempos (4/km, 4:30/km etc.). Como ben se pode comprobar por resultados doutros anos, as boas condicións e o feito de ser carreira obxectivo para moitos/as, o nivel foi bastante alto, e é que as carreiras de distancia homologada adoitan ter este efecto na planificación tanto de federados como de atletas populares.
Foto grazas a Alfredo López

Polo tanto, non foi de estrañar que moita xente pagase excesos iniciais na primeira volta, dun total de dúas a un percorrido bastante chan, con final con volta olímpica no estadio de atletismo (Centro Galego de Tecnificación Deportiva).

Gañaría a carreira absoluta Manuel Hurtado nos homes, e Águeda Blanco nas mulleres.

Foto grazas a Fran
En canto aos noitebros, un servidor (M. Pirri) cravaría os tempos do ano anterior, pero con peor posto (o que fala do nivel deste ano e as mellores condicións). Fran, con marca persoal e homologada!! Mallo, tamén marca persoal, e a pesar de ir arrastro por culpa dun xeonllo. Logo viría a parella (que non entraría da “manito” a pesar da colaboración) Puri-Fernando, facendo un bo dúo atlético, e que lle valeu á primeira tamén para facer marca na distancia e 2º posto na súa categoría, detrás da incombustible Soledad Castro, e iso aínda chegando tamén arrastro por molestias posiblemente derivadas da cadeira. Finalmente Nacho L., tamén con marca persoal, pero non rexistrada por esquecerse de poñeres o chip de control (tralarí, tralará...).

Foto grazas a Santi Casas
En definitiva, sabemos que a pedestre de Santiago limita a participación de noitebros nesta Media Maratón, pero, sen dúbida ningunha, é unhas das mellor organizadas de Galicia e cun percorrido (homologado pola RFEA) tremendamente propicio para facer marca persoal. Non dubidaremos en participar en vindeiras edicións.



Foto grazas a Xandra
 Próxima Cita: tod@s á Pedestre de Santiago 2012!!

Percorrido e perfil

Percorrido
Perfil
Clasificacións
Oficial (championchip)

Os nosos

Patrocinadores

Arquivo