mércores, 17 de outubro de 2012

Atletismo. Trámites federativos 2012-13

AVISO IMPORTANTE PARA OS ATLETAS DO NOITEBRA F.C.

Actualización (18/11/2012): 
Xa podedes pasar, cando poidades, a pola copia da vosa licencia FGA pola tenda 39 Segundos.
Ver licencias (e seguro) xa tramitadas ao final desta entrada.

Xa está aberto o proceso de renovación e altas federativas para a tempada 2012-2013 no Noitebra F.C.

Este ano tamén temos a fortuna de que non se incrementaron os prezos das cotas federadas (licenza e seguro). Podedes acceder á información oficial da FGA nos links do final desta noticia.

Para esta tempada no noso club seguiranse unhas bases (regulamentación específica) que vos serán remitidas por correo electrónico e que seguro que vos resultarán de interese.

Unha das grandes novidades deste ano é a centralización do proceso de renovación e altas federativas de atletas. Grazas a inestimable colaboración de Jose Iglesias, os trámites federativos realizaranse na tenda 39 segundos, situada na rúa Amor Ruibal, nº 9, en Pontepedriña (Santiago de Compostela).


Dende o día 17 de outubro e ata o  luns 29 de outubro (incluído) iniciamos a primiera fase de renovacións e altas.

A segunda fase, DENDE O MES DE NOVEMBRO, será xa aberta para que pouco a pouco se vaian incorporando o resto de renovacións e altas.

Os horarios da atención na tenda serán os seguintes:

Luns, mércores, xoves e venres:   10:00 - 13:30
                                                      16:30 - 20:30

Martes:  10:00 - 13:30
              16:30 - 19:00
 
Sábado:  10:00 - 14:00


Alí asinarase a ficha da licenza federativa e a aboarase a cota federada correspondente (este ano o club unifocou o prezo das cotas de senior e veterano).

Ademais, é importante revisar se algún dato está mal para poder corrixilo no momento, e tamén completar o apartado correspondente cunha direccion de correo electrónico (quen non o fixese xa) para enviarvos as bases que regularán a sección de atletismo do Noitebra para a tempada 2012-13. No caso de que non dispoñades de dirección de correo electrónico ou vos resulte incómodo, na tenda haberá un documento orixinal destas bases para poder fotocopiar físicamente.

Pregamos que NON VOS RETRASEDES CO ABONO DA COTA FEDERADA para formalizar todas as licencias e seguro deportivo con tempo abondo antes da Carreira Popular de Negreira.


Tamén NECESITAMOS unha foto tamaño carnet en papel ou dixitalizada dos que ides facer licenza por primeira vez . A podedes deixar en 39 segundos no momento da formalización da licenza ou enviala dixitalizada a miguelanxo@gmail.com

No seguinte cadro tedes como quedan organizadas as diferentes categorías federadas para a tempada 2012-13:

CATEGORÍAS POR ANO DE NACEMENTO
Homes e Mulleres
VETERANO: dende o día que cumpren 35 anos
SENIOR: nacidos/as en 1990 e anteriores, ata veterano
PROMESA: Nacidos/as en 1991, 1992 e 1993
JUNIOR: nacidos/as en 1994 e 1995
XUVENIL: nacidos/as en 1996 e 1997
CADETE: nacidos/as en 1998 e 1999
INFANTIL: nacidos/as en 2000 e 2001
ALEVÍN: nacidos/as en 2002 e 2003
BENXAMÍN: nacidos/as en 2004 e 2005


Lembramos tamén que os rapaces nados do ano 1998 ata o 2005 teñen o seguro deportivo cuberto polo Programa XOGADE da Xunta de Galicia.


A maiores destes trámites federativos, na mesma tenda, 39 segundos, os atletas do club terán a oportunidade de probar e reservar o CORTA-VENTOS do equipo de atletismo, financiado en parte polo club.

Aproveitade pois a ocasión para facer todo xunto!!





Circulares oficiais da FGA:

Seguro Deportivo Tempada 2012-2013
Circular 55-2012 da federación Galega de Atletismo
Licencias Tempada 2012-2013
  
Máis información da FGA aquí

LISTAXE DE ATLETAS XA RENOVADOS OU DADOS DE ALTA (11/01/2013)
1. J. R. Abel
2. Ramón Alende
3. Sara Antelo
4. Fernando Antelo
5. Daniel Becerra
6. Pepe Bermúdez T.
7. Puri Bermúdez T.
8. Carlos Buján
9. Victor Cerqueiro
10. Jaime Cortizo
11. Moisés del Puerto
12. Juan T. del Puerto
13. Raúl Iglesias
14. Ramón Iglesias
15. Jose M. Iglesias
16. Julio Iglesias
17. J. Ignacio Liñares
18. J.M. Mallo Nieves
19. Fran Méndez
20. Miguel A. Mosteiro
21. Manuel Moure
22. Anxo Munín
23. Shaila Muñiz
24. Miguel A. Nogueira
25. Belén Noya
26. Jaime Rivas Pereira
27. Xaime Rivas Posse
28. Fleky Rodríguez
29. Rubén Sánchez
30. Gonzalo Silva
31. Miguel Tarrío
32. Óscar Valle
33. Ángeles Vázquez
34. Manel Mallo Lea
35. Sebas Munín
36. Mark Losada
37. Marcos Sanmartín
38. Jesús Becerra
39. Daniel Noya
40. Amador Pena
41. Nacho Rozas
42. Aránzazu Moure
43. Lucía Ansedes
44. Juan Carlos Mallo
45. Walter Rosales
46. Pablo Mallo

Patrocinadores

Arquivo