E chegou o fin do circuíto de carreiras de Santiago, o CorreSan, coa última proba, a da Cidade da Cultura (75 aniversario do Victoria F.C.), o domingo pola mañá e cun clima propicio para dalo todo.
![]() |
| Foto da familia do Noitebra no máis alto do podio. Por xentileza de Silvia e Mark L. |
Boa participación de noitebros que, ademais, estarían apoiados por moitos familiares e coñecidos no percorrido e na grada do Estadio de San Lázaro.
| Foto de Jaime R. grazas a Manolo |
Se a anterior carreira era especial por celebrarse no barrio das nosas sedes sociais, nesta ocasión o sentimento era máximo por rematar na nosa sede deportiva, que non é outra que o citado estadio. Moitas horas de adestramento e moitos quilómetros nos temos deixado tanto na pista como no asfalto do aparcadoiro das inmediacións de San Lázaro II, polo que rematar alí, e animados polos nosos, non tivo prezo.
| Foto grazas a Manolo |
Esta carreira, con saída no Gaiás, tivo unha distancia (despois de varias modificacións no percorrido nas últimas semanas) duns 6,3 km, con saída “controlada” pola contorna da Cidade da Cultura e baixada a saco ata as piscinas do Sar, para logo subir ata o paseo do parque Fontiñas, con subida tendida e esvaradía (chovera pola noite), ata a costa do edificio de Meteogalicia. Logo tocaría subir pola rúa adoquinada ata o acceso ao Estadio, onde aínda teríamos que facer uns 1,5 km pola zona do aparcadoiro para rematar entrando pola porta de maratón do estadio e dar case unha volta completa á pista, tamén esvaradía, pero cunha chea de xente animando a nosa chegada.
| Carlos e Óscar, grazas a Manolo |
Gañaría a carreira Juan Pablo Fernández nos homes e Yolanda Gutiérrez nas mulleres. No circuíto absoluto gañarían Samuel Veiga e tamén Yolanda Gutiérrez. Dende o Noitebra enviámoslles as nosas felicitacións!!
| Foto de J. R. Abel grazas a Manolo |
De seguido viría Abel, terceiro na súa categoría na carreira e 3º tamén no circuíto. Pepe (camuflado) sería o seguinte, cedendo uns segundos máis. Chegada ao sprint de Fernando e Mallo, con fotofinish incluída. Puri, como espectadora do sprint, un pouco máis atrás e gozando do seu dobre 1º posto na categoría nesta carreira e no total do CorreSan (sen despeinarse). Virían logo, literalmente da man, Nacho e Ángeles, celebrando o que sería o 3º posto desta última na categoría no CorreSan. Finalmente daría sinais de vida Lucía (logo dun tempo sen vela) que quedaría ao borde do podio no circuíto na súa categoría. Tamén destacar a boa carreira e circuíto dun futurible noitebro como é Amador, 3º senior no CorreSan, man a man con Jaime R.
| Foto dos peques grazas Manolo |
Na carreira escolar tamén tivemos dándoo todo a Moisés, Walter e Migueliño, que farían uns postos dignos en cadansúa categoría.
Vedes pois que tivemos triunfos por un tubo, sendo o colofón final a recepción da primeira premiación por equipos federados. Sen dúbida un éxito que será inesquecible, quedando no noso palmarés e no do CorreSan. Polo tanto, como podedes imaxinar, foi unha auténtica festa, compartida cos amigos do Atl. Milladoiro e do Fontes do Sar, aos cales tamén felicitamos polos seu galardóns!!
| Foto grazas a Manolo |
Mención especial para Iván Sanmartín, quen maquinou todo isto, propiciando que dende a primeira carreira saíse todo ben e que logo o noso Concello e Dpto. de Deportes poida en adiante presumir de ter organizado un evento de calidade coma este.
| Foto finish grazas a Manolo |
Esperemos que haxa unha 2ª edición do CorreSan, pero creo que dende o Noitebra aínda temos que facer máis por participar nos eventos da casa, xa que botamos de menos a moitos dos nosos nas diferentes carreiras. A ver se temos a sorte de contar coa súa presenza na Pedestre santiaguesa e quen sabe se tamén nese órdago de Sanmartín ao concelleiro de deportes coa posible celebración dunha San Silvestre oficial.
| Foto grazas a Manolo |
En definitiva, día histórico (e xa van moitos) do noso club e dos nosos atletas, que incansables representaron as cores laranxa e negra con máximo orgullo. Grazas a todo/as e felicidades polos galardóns!!!
| Foto de grupo nas gradas por xentileza de Pablo e Manolo |
![]() |
| Foto na pista grazas a Silvia e Mark |
Percorrido e perfil
![]() |
| Percorrido |
![]() |
| Perfil |
Clasificacións
Oficial absoluta CdC (Champiochip)
Escolares Estadio S. Lázaro (FGA)
Circuíto do CorreSan absoluta (Championchip)
Oficial absoluta CdC (Champiochip)
Escolares Estadio S. Lázaro (FGA)
Circuíto do CorreSan absoluta (Championchip)
Circuíto cadete masculino do CorreSan (FGA)
Circuíto infantil masculino do CorreSan (FGA)
Premiacións (FGA)
Circuíto infantil masculino do CorreSan (FGA)
Premiacións (FGA)
Os nosos no CorreSan CdC (absoluta)
Os nosos no circuíto do CorreSan (absoluta)
Os nosos no CorreSan CdC (infantil-cadete) e circuíto











