domingo, 6 de xaneiro de 2013

Atletismo: III San Silvestre Rialto, A Coruña (FGA)

Rematando coas crónicas de fin de ano, nos quedaba por recoller a participación dun noitebro noutra carreira oficial. Sería na III San Silvestre Rialto, na Coruña.

Primeiro plano de Raúl na San Silvestre Rialto. Fonte: laopinioncoruña.es

Alá teríamos “camuflado” a Raúl, que remataría o ano cun toque de humor.



Multitudinaria carreira a da Coruña, con máis de 1.100 chegados á meta a iso a pesar do diluvio que caía por veces. Por si era pouco un bo lote de xente iría disfrazada, como o caso do noso compañeiro.
O percorrido, evidentemente urbán, duns 7,7 km de distancia.

Gañaría a carreira masculina Ramón Serantes, e nas mulleres o faría Deirdre Mary.
Raúl, en plan festivo total, remataría no posto 660 da xeral, 104 da categoría, cun tempo oficial de 41:11 e ritmo de 5:21/km. Dende logo o de menos era a marca correndo con esa roupa “técnica”.

Non digades que non tivo bo humor estando o día que estaba!!

Clasificación
Oficial

Fotos
Correr en Galicia

Vídeo
Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo