luns, 7 de xaneiro de 2013

Atletismo: II Carreira Benéfica de Lalín (FGA)

O Noitebra Atletismo arrincou o ano 2013 de competicións oficiais FGA coa II Carreira Benéfica de Lalín, celebrada no día de Reis.
Foto de grupo dos participantes na Benéfica de Lalín. Fonte: La Voz de Galicia
Nunha mañá bastante fría (e en Lalín máis, por non variar) Manolo, Abel e Miguel N. (Pirri) serían os que se achegarían ata a capital do Deza.

Foto con J. Bernal
Cando se convoca un acto benéfico sempre se fai o posible por participar. Pero nestas datas non é fácil. Con todo, e ao igual que fai dous anos (data da última edición da carreira), o Noitebra tivo alí una pequena representación, acompañando ás figuras alí congregadas apadriñando a proba (J. Gómez Noya, Ezequiel Mosquera, etc.), así como aos amigos/as do Club Deza e outros atletas habituais das populares. Mágoa que a data non acompañase e que a participación quedase na metade da conseguida na primeira edición. Por sorte, a recadación rematou sendo case que a mesma que no ano 2011.

Menudos cracks, os dos extremos. Foto: org.
Como dicimos, moito frío de entrada e quecemento algo escaso o que fixemos para afrontar os 10 km (bastante precisos) polo paseo do río Pontiñas e baixo a arbitraxe da FGA. Saída neutralizada ata o citado paseo e logo a todo trapo para dar dúas voltas de 5 km. nun circuíto cun percorrido, para algúns chan, pero basta con ver o gráfico de máis abaixo para confirmar que non o era tanto. Zonas de sombra con xeada, algo de néboa por zonas e aire frío na beira do río, pero fomos de valentes e corremos en camiseta de sisas.

Logo, carreira de máis a menos dos noitebros, afectados algo polo frío e tamén polo propio circuíto, que no tramo de volta é onde acumulaba a subida. No obstante, non estivo nada mal para ser a primeira do ano, aínda que non lle gañamos a Gómez Noya... pero si a Ezequiel...


Foto grazas á org.
Como anécdota persoal, dicir que fun acompañando moito rato ao flamante campión da Super Liga 2012 de Championchip Norte, pero non por ir a un bo ritmo con el, senón porque ao bo de Iván S., por circunstancias persoais, estas carreiras “ratoneras” con diferentes obstáculos e cambios bruscos no terreo dánselle especialmente mal. E nesta mesmo chegou a saírse do camiño (vamos, que se pasou de freada nunha recta, e en lugar de pasar por unhas das pontes, foi para á cuneta...en plan ciclista). A raíz deste feito parece que colleu medo, e comezou a ir sempre detrás de alguén que o guiase. E ben que intentamos axudalo para que on rematase caendo directamente ao río :)

Gañaría a carreira Pachín, e nas mulleres o faría Alba Baamonde. Non habería premiacións por categorías de idade.
Manolo na 1ª volta. Foto: grazas á org.
Ao final, isotónica, avituallamento con froita e pinchos antes dos sorteos. Ao quedar pouca xente case que tocaron premios a todo “quisque”. E nós non iamos ser menos. Premios para Abel, Miguel... e Manolo, que dos nosos levaría o gordo, cun vale para un spa dos mellores de Lalín. Por fin tocou!!

Boa carreira pois, pero vaiamos cando vaiamos a esta localidade, sempre fai  frío, moito frío... Aínda así, felicitacións á organización, e como recomendación, que non axusten as datas ás figuras, senón á xente en xeral, porque foi unha mágoa non ter conseguido maior participación...(e que xa vos podedes imaxinar tamén a cantidade de nenos que había na carreira escolar...).

Percorrido e perfil

Percorrido
Perfil

Clasificacións
Oficial (FGA)

Instagram

Patrocinadores

Arquivo