mércores, 23 de xaneiro de 2013

Atletismo: XV Meia Maratona Manuela Machado, Viana do Castelo

Crónica da Meia Maratona Manuela Machado grazas a Fran Méndez.
Integrantes do Noitebra recuperando forzas cunha "isotónica". Foto por xentileza de Mark L.
Este domingo un grupiño de noitebros fixemos unha escapada ata o pais veciño para participar na XV edición da Media Maratón Manuela Machado en Viana do Castelo.

Foto: org.
Sería a primeira participación e polo tanto o debut intencional para Mark, Mallo, Ramón Alende, Anxo e Puri; segunda participación consecutiva para Fernando e quen escribe (Fran), e o veterano na proba, Manolo, que suma 3, 4 ou vai ti a saber... Tamén nos acompañaría na viaxe e na competición Carlos Z.M., e dende a grada como sempre o apoio incondicional da familia de Manolo. Causarían baixa de ultima hora Nacho Liñares (lesión) e Ángeles (quedou no cross).

Foto: org.
Este ano partimos ben cedo para non caer nos erros do pasado e chegamos con tempo de sobra para recoller os dorsais, atopándonos cunha distribución dos mesmos bastante caótica, que nós non sufrimos xa que grazas ás xestións de Miguelanxo, que formalizou as inscricións por club, apenas tivemos que agardar, xa que nos esperaba un sobre cos dorsais de todos.


Foto: org.
A carreira sufriu un pequeno retraso por mor de dita entrega e arrancou a iso das 10:40 hora portuguesa e baixo unha intensa choiva que nos acompañou durante toda a xornada; encaramos pois os 21 km. e pico dunha proba que os que a coñeciamos sabíamos que non sendo especialmente dura, tampouco é demasiado propicia para facer marca por mor dos tobogáns da parte media da mesma, e iso que este ano cambiaron o tramo final para eliminar o adoquinado e facela un pouco máis rápida, pero que resultou ter un par de kilómetros finais deses psicolóxicos nos que recorres unha avenida interminable de ida e volta e parece que non das chegado a meta. Xa na mesma recibíronnos cun bo avituallamento, medalla de recordo, camiseta e botella de viño, para logo de ir darse unha ducha quentiña e tomar a cervexa de rigor partir de volta para casa. Iso si, facendo unha paradiña na fronteira para degustar o bacallau que tan ben preparan por esas terras (este ano non tocou frangoburguer, je je).

Dos resultados podemos dicir que gañaron a proba Roman Prodius e Marisa Barros, e dos nosos gran carreira en xeral de todos pese ao perfil e a climatoloxía, e marca persoal na distancia para Manolo e para un servidor (quen o ía dicir), que puido ter sido mellor de non ser polo tempo perdido na saída, xa que participaron mais de 2.000 persoas (había unhas 3.000 inscritas). 

En definitiva, carreira atractiva a que volveremos noutra ocasión e á que seguro algún noitebro máis se suma...

Percorrido e perfil
Percorrido
Perfil
Clasificacións

Os nosos

Fotos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo