venres, 1 de marzo de 2013

Atletismo: VII Interruning Piñeiro, O Porriño

O pasado domingo tamén tivemos representación na VII Interruning Piñeiro de O Porriño.
Amador Pena na última volta en Porriño. Foto: Alexha
Sería Amador Pena quen se achegase a competir no rápido circuíto urbano desta localidade.

A pesar de coincidir coa Media Maratón de A Coruña, esta proba congregou, coma sempre, a un gran número de atletas (finalizaron case 1.400), que gustan da mesma polo excelente trato ao atleta e pola calidade dos participantes. Por fortuna o clima nesta zona perece que foi moi propicio para competir.

A carreira, de 10 km non homologados, desenvólvese en tres voltas sen apenas desnivel no perfil, pasando pola rúa principal da vila, facéndose así tremendamente vistosa para o público.

Foto: Alexha
Marea de xente correndo que ten pola contra, e ano a ano, un importante contratempo, que non é outro que as dificultades para adiantar aos dobrados especialmente nos últimos metros cando os atletas que encaran a meta o está a dar todo. Sen dúbida este aspecto o debera ter en conta a organización para vindeiras edicións, xa que ao noso parecer o circuíto é o que é non dá máis de si cando as participacións son multitudinarias.

Amador faría unha sensacional carreira, meténdose case que entre os 50 primeiros, nunha carreira, repetimos, rapidísima (o gañador baixaría dos 30 minutos).

Vencería a proba Alejandro Fernández, e nas féminas a máis rápida sería Águeda Blanco.

De non darse coincidencias con outras carreiras importantes, esperamos participar en maior número en vindeiras edicións.

Percorrido e Perfil

Percorrido (volta)

Perfil (volta)

Clasificación

Os nosos
  • Amador Pena. Posto Xeral: 52; Posto Categoría: 18; Tempo Oficial: 35:38; Tempo Neto: 35:35; Ritmo Oficial: 3:34; Ritmo Real: 3:34
Nº de atletas que finalizaron: 1.385

Fotos

Vídeos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo