luns, 4 de marzo de 2013

Atletismo: XI Carreira Popular Concello de Padrón, Campionato Galego de 10 km (FGA)

Grande posta en escena do Noitebra a pasada tarde do sábado na XI Carreira Popular Concello de Padrón, Campionato Galego de 10 quilómetros.

Shaila de volta en Padrón e en boa compañía. Foto: Adán Roque
Os atletas do equipo responderon en grande número á convocatoria oficial do club, e valeu para lograr o 3º posto por equipos e tamén o 3º posto nos cadetes con Nacho Rozas.


Michel coa "laranxa". Foto: Alexha
Día case emotivo por diferentes razóns en Padrón. Primeiro porque retornaba ás carreiras Shaila, a capitana da sección feminina. Tamén volvía a vestir a “laranxa” Michel Portas, un dos atletas fundadores do equipo, que por fin comparte cores co seu gran amigo Fleky... e sobre todo polo espírito de equipo demostrado polos nosos atletas, que a pesar da durísima competencia, grazas ao esforzo e a que os acompañou a sorte, conseguiron a terceira premiación por equipos.

Foto: Mark Losada
Serían os nosos cadetes os que primeiro nos representarían, con Walter Rosales e Nacho Rozas. Nacho faría unha sensacional carreira de 3,5 km, rematando o 4 na carreira e 3º na categoría. Walter tamén remataría nun digno 18º posto. Os nosos rapaces son poucos, pero guerreiros.

Logo era a quenda dos adultos, e xa se prevía que ía ser unha carreira rápida, porque había unha enorme participación para a popular e o campionato, e pola calidade de moitos/as dos/as alí presentes. Os alicientes: premios en metálico ata o posto 40 nos homes e 20 nas mulleres, e premios en metálico aos tres primeiros clubs que se presentasen como federados.

Jose, tirando dun grupo. Foto: Alexha
E o dito. Saída a lume para facer un percorrido de dúas voltas case cháns para completar os 10 Km de distancia homologada pola RFEA. Os nosos fixeron un grande traballo, rematando os 10 primeiros que puntuaban por equipos por debaixo de 38:30 minutos aproximadamente. Moitos facendo marca persoal, que con todo non lles valería para acadar premio en metálico na clasificación individual. Así e todo, grandísima carreira dos irmáns Iglesias Torres, que lle teñen tomada a medida a esta distancia. Tamén Jaime Rivas Pereira, que ata pinchando nos queda diante, sen esquecer as excelentes carreiras de Víctor, Gonzalo, Jorge, etc., etc. Quedaría moi cerca de lograr premio Puri, que con marca persoal na distancia ficou a 30 segundos da última premiación. Na xeral da carreira popular, gañarían Alejandro Fernández nos homes e Solange Pereira nas mulleres. Como vedes, estes nomes soan moito a nivel nacional, non? É como se o noso equipo de fútbol xogase na mesma liga que o Celta e Deportivo (ou máis ben co Valencia e similares...).
Fleky. Foto: Adán Roque

No campionato galego triunfarían os mesmos absolutos que na popular, e nos nosos, Puri Bermúdez quedaría 4ª na categoría e o seu irmán Pepe faría 5º. Resultados sensacionais para o nivel que había.

Pouco máis que dicir. Carreira sensacional por nivel, por marcas, polo trato ao corredor, e salvo pequenos detalles a podemos calificar de notable alto no conxunto de todos os seus aspectos.

E dar as grazas e felicitar a tod@s os atletas que nos representaron e viven carreira a carreira as nosas cores. En breve xa vos comunicaremos cal será o detalle que vos faremos a tod@s polo premio conseguido por equipos.

No podio. Foto: Mark Losada

Perfil e percorrido

Percorrido
Perfil

Clasificacións

Os nosos (absoluta)

Os nosos (infantil-cadete)
  • Nacho Rozas. Posto Xeral: 4. Posto Categoría: 3. Tempo: 12:06. Ritmo: 3:27
  • Walter Rosales. Posto Xeral: 18. Posto Categoría: 7. Tempo: 13:52. Ritmo: 3:58
Distancia: 3,5 km
Atletas que remataron a carreira: 58

Fotos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo