venres, 26 de abril de 2013

Atletismo. Convocatoria Oficial para a X Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino e para a XXII Media Maratón de Ferreirúa

O Noitebra F. C. convoca aos seus atletas federados para competir por equipos na X Carreira Pedestre Popular Pedestre de O Pino e tamén para a XII Media Maratón de Ferreirúa.
O Pino, 5 de maio

Ferreirúa, 12 de maio













A primeira cita será a de O Pino, que terá lugar en Arca o domingo 5 de maio ás 11 h. na categoría absoluta (ollo este ano co novidade no cambio de día e horario).

Para puntuar por equipos necesitamos mínimo 8 atletas (puntúan os 8) que deberán inscribirse de forma individual a través deste enlace de turesultado.es O custe da inscrición é de 5 euros (dende junior en adiante).

A inscrición para os escolares realízase neste link da web da FGA. A Inscrición e gratuíta.

É importante que recordedes que o prazo de inscrición remata o mércores 1 de maio ás 22 h., e para a categoría absoluta debedes notificar con tempo a Miguel Nogueira (miguelanxo@gmail.com) a intención de asistir para logo poder remitir á Federación e á organización a listaxe de inscrición no prazo debido.
Listaxe de participantes para O Pino (30/04/2013 22:55 h.):
1. Raúl Iglesias
2. Jose Iglesias
3. Julio Iglesias
4. J. Carlos Buján
5. Miguel Nogueira
6. Puri Bermúdez
7. Fran Méndez
8. Shaila Muñiz
9. Jorge García
10. Juan Carlos Mallo
11. Manolo Moure
12. Gonzalo Silva
13. Belén Noya
14. Ramón Alende
15. Daniel Becerra
16. Nacho Liñares
17. J. R. Abel
18. Víctor Cerqueiro



MEDIA MARATÓN DE FERREIRÚA 2013

Unha semana despois, o domingo día de 12 de maio, terá lugar a XII Media Maratón de Ferreirúa, na Pobra do Brollón. É unha convocatoria oficial de carácter especial por tratarse dunha proba de longa distancia, e na que o voso director, Miguel Nogueira, aproveitará para celebrar o seu 10º aniversario no club, polo que espera estar ben acompañado nesta cita, aspirando a aumentar a participación que o equipo tivera o ano pasado, no que contamos con 7 atletas.
A carreira será ás 11:15 h. (proba absoluta da media maratón).

Para competir por equipos necesitaremos como mínimo  6 atletas (puntúan os 6) que deberán inscribirse de forma individual a través da plataforma de Championchip Norte (ollo con anotarse para os 21 km e non para os 9,3 km). E importante que antes de inscribirvos vos aseguredes de que na vosa ficha de Championchip figure correctamente o nome do club (NOITEBRA F.C.) e o voso nº de licenza federativa para que vos inclúan por equipos.

O prazo de inscrición remata o martes 7 de maio. O prezo da mesma é de 5 euros.
E xa sabedes que os que pernoctedes o sábado anterior neste lugar ou arredores, poderedes gozar gratis dunha viaxe en catamarán polos Canóns do Sil e tamén dunha visita a unha bodega grazas á organización da carreira.
 
Listaxe de participantes para Ferreirúa (06/05/2013 11:00 h.):
1. Fleky Rodríguez
2. Puri Bermúdez
3. Manolo Moure
4. Miguel Nogueira
5. Nacho Liñares
6. Ángeles Vázquez


Animádevos a participar!!!


Instagram

Patrocinadores

Arquivo