xoves, 23 de maio de 2013

Atletismo: V Cross Ambiental Concello de Ordes

O venres 17 de maio o Noitebra tamén estivo presente no IV Cross Ambiental do Concello de Ordes.
Carlos no podio de Ordes. Foto: Rodrigo Méndez
Foi unha tarde pouco propicia para competir polo monte, salvo para quen lle gustase embarrarse ata as orellas ou non lle importase esnafrarse, o cal non deixaba de ser divertido.

Foto: Adán R.
Catro atletas dos nosos estiveron presentes, algúns xa habituais como Manolo Moure, Víctor Cerqueiro ou Miguel Nogueira. Debutaría con grande éxito na proba Carlos Buján.

Este ano teríamos unha tarde pasada por auga, o cal condicionaba, e moito, a carreira, xa que o percorrido, duro xa en si mesmo, era por camiños de monte e mesmo cruzando regatos e ríos. Ademais, o circuíto incrementaría a súa distancia nuns 500 metros con respecto a edicións anteriores, por se non chegaba a dureza.

Foto: Adán R.
E as expectativas se cumpriron. Saída en frío, chovendo, dos case 150 atletas que tomarían parte da carreira absoluta, e pronto puidemos ver que as pistas do monte estaban como nun día de inverno: enlamadas, con abundantes charcos...e por riba sen limpar de ramas, toxos, etc. Salvo algunha zona de asfalto e outras  de herba apañada en días previos.

Ao final, pois todos fomos como cabras ao monte e sen pensar no perigo que supuña correr nestas condicións (vos podo comentar que, por experiencia persoal, o percorrido estaba peor que na anterior ocasión que corremos aquí chovendo, onde eu mesmo me comera unha boa “galleta”). Pronto o grupo se foi estirando nos postos cabeceiros, o cal, a pesar de estar todo o circuíto sinalado á perfección, daba lugar a dúbidas nos corredores nalgúns cruces, e non foi de estrañar que algúns tivesen que dar volta tras confundir o camiño.

Foto: Adán R.
Fenomenal resultado de Carlos, que de forma estratéxica por non coñecer a proba, foi entrando en carreira ata lograr situarse no 10º posto da xeral e conseguir por primeira vez un trofeo individual por premiación ao 3º posto na categoría; por detrás, xa lonxe en canto a crono, chegaría Miguel N. (un servidor), que aínda sen ter boas sensacións e papando frío todo o camiño, lograría o posto 13 na xeral, subindo por segunda vez nesta proba ao caixón na categoría (3º posto e 2ª premiación); nesta mesma categoría quedaría ao borde do éxito Víctor, que por “circunstancias da carreira” perdería o posto de honra no último intre; Finalmente, “super” Manolo (ía sen comer nin nada...) facía tamén un 4º posto na súa categoría. Por tanto, resultados fenomenais para o equipo!
Foto: Adán R.
No plano xeral, gañaría nos homes Cristian Díaz e nas mulleres Isabel Sáez.

Ao final, avituallamento a base de froita, ducha ben fría, como case sempre nesta carreira, e sorteo de agasallos (quedamos sen chocolate quente doutros anos, supoño que por correr en mes de maio nesta edición).

Como ben expuxen no grupo do Facebook, o trofeo que logrei aquí llo dedico ao equipo, e en especial e de todo corazón aos “tolos” que me acompañaron a Ferreirúa!!



Percorrido e perfil
Percorrido


Perfil





Perfil con porcentaxes de desnivel






Clasificacións

Os nosos


Fotos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo