martes, 21 de maio de 2013

Atletismo: X Carreira Popular Virxe da Guía, Riveira

Longa fin de semana de competición para a sección de atletismo do Noitebra. Comezamos contándovos como foi a X Carreira Popular Virxe da Guía, celebrada o día das letras galegas.

Foto de equipo na Guía. Por xentileza de Mark Losada
A crónica grazas a Fran Méndez:

Foto: Alexha Pires
Aínda coas pernas quentes da fin de semana anterior, xa nos metemos nunha nova xornada competitiva a golpe de venres e na que seria a 2ª proba do circuíto de carreiras de Riveira. Nesta ocasión seria na X Carreira Popular Virxe da Guía en Carreira, que como novidades cambiaría o horario para a tarde e dobraria a distancia para deixala en 10 km. (xustiños), variando o percorrido de anos anteriores para discorrer por estradas comarcais da zona, nun perfil que si non excesivamente duro tampouco era precisamente chan. 
 
Foto: Alexha Pires
Ata alí, nunha tarde fresca e de chaparróns, achegámonos 6 noitebros para participar na categoría absoluta, e os resultados non puideron ser mellores, xa que caeron varias premiacións. Pasamos a comentalos por orde de chegada a meta: como sempre o 1º dos nosos seria José Manuel que andaría nin máis nin menos que o 10º posto da xeral e o 3º na súa difícil categoría; detrás del chegaría Mark demostrando que o Maratón non lle deixou mella e acadando o 3º posto local (leva varios anos empadroado no concello); xa un pouco máis atrás chegaría un grupiño formado por Shaila, Ramón Alende máis eu (Fran) que lle valería á nosa corredora para acadar o 5º posto na xeral feminina e a 1º senior, subindo ao podio un ano despois de facelo precisamente nesta mesma carreira, e todo isto case á pata coxa, pero xa sabemos como son as mulleres deste equipo (unha raza superior)...; e pisándonolos talóns entraría Nacho como sempre na súa liña e desfrutando da carreira. 

Tamén destacar aos rapaces de Mark, Dani e Nico que obterían o 2º e o 1º posto nas súas respectivas categorías, e agradecer o apoio dende o público da súa muller, así como de Tamara que acompañaría a  Jose nesta expedición. 

Foto: Alexha Pires
Os vencedores da proba serian Álvaro de la Fuente en homes e Yolanda Gutierrez en mulleres, acadando a meta unhas 135 persoas.

Ao remate da proba o mellor de todo, aparte do avituallamento final, sorteo de agasallos e paella e caña para todos, grazas a unha organización que como vén sendo costume cumpriu con nota.

Foto: Alexha Pires
Como comentario a titulo persoal comentar que tras varios anos acudindo a proba teño que dicir que aínda que me gustou moito o novo percorrido, quédome co anterior, simplemente polo feito de que ao estar englobada nun circuíto no que xa hai probas desta distancia, estaba ben contar con unha curta explosiva, aínda que como carreira individual, seguramente gañara co cambio. De tódolos xeitos deixarémonos caer de novo por aquí na vindeira edición...


Percorrido e perfil

Percorrido

Perfil
 




Perfil con porcentaxes de desnivel








Clasificación

Os nosos
Fotos e vídeo

Instagram

Patrocinadores

Arquivo