sábado, 18 de maio de 2013

Atletismo: XVI Media Maratón de Vigo (FGA)

De forma case simultánea á Media Maratón de Ferreirúa tiña lugar a Media Maratón de Vigo na que tamén tivemos representación.
Grupo do Noitebra en Vigo. Foto por xentileza de Fran Méndez
 A continuación, a crónica por xentileza de Fran Méndez:

Este pasado domingo e tras 14 anos de ausencia volveríase a disputar a Media Maratón de Vigo, na que seria a súa XVI edición. Ata esta cidade acercaríase unha pequena representación do Noitebra que se decantou por esta proba en detrimento de Ferreirúa (do ano que ven non pasa) por proximidade e perfil da mesma.

Foto: Xandra
Dita representación estaría conformada por: Fernando, Mallo, Ramón Alende máis eu (Fran); tamén nos acompañaría nesta viaxe o compañeiro do Fontes do Sar, Candido. Chegamos á cidade olívica con tempo, pois anunciaran que non entregarían dorsais despois das 9 da maña, pero topámonos con que apenas había cola, polo que logo quedou resolto o tema. Ademais, a organización puxo a disposición dos corredores de fóra de Vigo un parking privado sito no centro do asunto de maneira totalmente gratuíta, o que foi moi de agradecer. 

Foto: Xandra
Logo de quentar un pouquiño afrontamos os 21 km. con puntualidade inglesa (ás 10 da mañá) e un día, aínda que con ceo despexado, ben fresquiño. Había dubidas de como resultaría o perfil, xa que uns tachábano de duro e outros de levadeiro, e unha vez rematado podemos dicir que se trataba dunha cousa entre ambas, con longas rectas chas, pero tamén con varias costiñas que deixaban as pernas abaneando. Segundo comentamos ao remate, pareceunos unha carreira que pese a ser completamente urbana (isto agradeceuse pois non había apenas vento e podíase buscar a sombriña dos edificios cando comezou a apretar o sol) resultounos realmente grata e máis entretida que outras como por exemplo a de Coruña. Aquí foron dúas voltas e na segunda cambiaron os 2 últimos km., o que descolocou a algúns, xa que si na primeira volta eran de baixada suave, na segunda foron 1,5 máis de subida e 500 metros de costa picada cara abaixo que deixaba tocadas as xa maltreitas pernas. 

Foto: Xandra
A proba foi gañada por Santiago López en homes e por Sara Pérez en mulleres, e os nosos sen máis intención que gozar da carreira, acumular km. nesta distancia que tanto nos gusta e algún de paso comprobar como esta o corpo 3 semanas despois da Maratón.

Cabe destacar a organización que foi de nota, con bo avituallamento final e intermedio, incluíndo esponxas, detalle que non se ve en moitas carreiras. 

Foto: Xandra
Ao remate, como curiosidade, dicir que un servidor tivo a ocasión de acercarse a saudar a todo un campión do mundo de Maratón, que participou na carreira e que non e outro que o gran Abel Antón; despois diso, de volta para casiña, caña de rigor, e coa idea de volver en vindeiras edicións, sempre e cando non volva a coincidir con Ferreirúa, que xa vai sendo hora de catala...



Clasificación
 
Os nosos

Fotos e vídeo

Instagram

Patrocinadores

Arquivo