venres, 14 de xuño de 2013

Atletismo: Campionato Galego de Montaña en Esgos (FGA) e XVIII Carreira Popular de Ordes (FGA)

Nova dobre cita dos atletas do Noitebra a pasada fin de semana, coa participación no Campionato Galego de Montaña en Esgos e na XVIII Carreira Popular de Ordes.
Puri no podio de Esgos. Foto: Alfredo Ferreiro
 Ambas probas pertencen ao calendario da FGA.

 
Foto: Erik Alfonso
Por orde de relevancia, comentar a participación do club nunha nova edición do Campionato Galego de Carreiras de Montaña, celebrada como é costume en Esgos (Ourense). Sería nunha maña de domingo algo gris, pero que serviría para refrixerar aos atletas que pronto se porían a tope de pulsacións no esixente perfil da carreira duns 13 km de distancia.
Foto: Erik Alfonso

Sensacional papel dos irmáns Iglesias Torres, que entrarían folgadamente entre os 15 primeiros do campionato. Puri Bermúdez iría a defender o seu título de campiona galega nesta modalidade, pero nesta ocasión tivo que conformarse co 3º posto xa que a súa colega de quinta, Soledad Castro, fixo unha enorme carreira que a situaría como nova campiona. Con todo, grande mérito para Puri, que sen ter preparado esta proba a conciencia logro manter o tipo e mesmo vir para casa cun trofeo por obter un posto de honra na clasificación popular. 
Foto: Erik Alfonso

Tamén Manolo Moure sería da partida, que a pesar de seguir en recuperación de molestias musculares, conseguiu rematar un ano máis. Debutaría neste grande reto un dos nosos futbolistas do Noitebra, Pablo Iglesias, conseguindo unha marca moi respetable para ser a primeira vez que se vía neste fregao.
Foto: Erik Alfonso

O campión absoluto sería Iván Docampo, e a campiona a xa mencionada Soledad Castro.
Ao final, como sempre, recuperación a base de empanadas, etc.



Perfil da carreira de Esgos

 
A XVIII Carreira Poular de Ordes sería tamén a mañá do domingo, e ata alí nos chegamos un bo grupo de noitebros ao tratarse dunha nova proba onde competiriamos por equipos. Día de partida algo fresco, pero pronto comprobamos que había algo de humidade no ambiente, e nunha carreira rompe-pernas habíase facer notar nalgún momento dos pouco máis de 9,1 km que tivemos que percorrer.
O Noitebra en Ordes. Foto: Nacho Liñares

Saída a lume polo favorable do perfil na parte inicial e pola calidade dos líderes da proba. Logo tocaba ir afrontando cada unha das diferentes subidas, especialmente a situada onde o avituallamento en carreira e a zona da chegada cunha rampla rompe-pernas nos últimos 500 metros.

Gran carreira de Carlos Buján, que sería o primeiro dos nosos en cruzar a meta. Logo chegaría case que en grupo os outros tres atletas que completaría a puntuación do equipo para a competición: Óscar Valle, Miguel Nogueira e Jorge García. Bo traballo que valería para facer un digno 5º posto nun día onde os rivais apretarían o seu. Pouco a pouco irían chegando os demais noitebros, cada un cun plan de carreira diferente, destacando o tempo feito por Dani Becerra, o que demostra a súa recuperación despois do suplicio no Corre-San Campus Sur. Tamén está a coller o ritmo Gonzalo Silva, e non digamos xa Moncho Iglesias, que nesta tempada esta a lograr un progresión moi significativa. Tamén correría coas nosas cores Daniel Alende, cumprindo coa filosofía “familiar” do noso club, e gañándolle a partida a Ramón Alende (a xuventude apreta).

Bo avituallamento final e unha carreira por equipos máis para o saco. Quen nolo ía dicir hai uns anos onde non dabamos xuntado nin 5persoas para correr xuntos. Grazas polo voso esforzo e por sentir as cores. E grazas a nacho Liñares por exercer unha vez máis de apoio técnico.

Perfil de carreira de Ordes


  
Os nosos no Campionato de Montaña


Oficial Ordes: FGA e Championchip Norte

Os nosos en Ordes

Instagram

Patrocinadores

Arquivo