sábado, 22 de xuño de 2013

Atletismo: I Ultra Trail do Barbanza e I Media Maratón de Ancares (Villafranca del Bierzo)

O pasado sábado tivemos aos nosa atletas amigos da longa distancia en dúas probas ben diferentes, pero duras. Jorge García estaría na I Ultra Trail do Barbanza, participando na machada dos 68 km. Fran Méndez se desprazaría coa familia ata Villafranca del Bierzo para correr a I Media Maratón de Ancares.
Foto: Adán R.
Foto: Arousa.com














Boas experiencias para os nosos, e en especial para Jorge García, que mesmo subiría ao podio na súa categoría logo da "tortura".

Comezando coa I Ultra Trail do Barbanza, o noso atleta tivo o valor de someterse á tortura dos 68 km (existindo a posibilidade de correr “só” 35). Remataría 2º na súa categoría senior, cun tempo total de nada máis e nada menos que de 7h. 50 min. 52 seg.
Tedes a crónica da súa aventura, proeza, odisea... no seu blog persoal.

A continuación a crónica da I Media Maratón de Ancares grazas a Fran Méndez:
Pois desta volta para cumprir co obxectivo dunha Media mensual tiven que desprazarme ata o Bierzo para participar na que seria a 1º edición da Media Maratón de Ancares e faríao na compaña da familia aproveitando para facer tamén a 1ª viaxe do pequecho fóra de Galicia.
Foto: Adán R.

Chegamos a Villafranca con tempo de sobra para dar unha volta pola vila que nos trouxo moitos recordos de cando fixeramos parada nela facendo o camiño de Santiago e atopamos un gran ambiente a pesar de que non había unha gran inscrición para a proba (unhas 150 persoas), e na retirada de dorsais as primeiras gratas sorpresas: unha camiseta ben bonita con zarpazo de oso incluída e unhas chanclas de agradecer á hora da ducha.

Logo de quentar un pouco, non demasiado xa que andabamos nos 30 graos, acercámonos a Praza Maior para as 19:30 dar saída a unha carreira que polo perfil e pola mencionada temperatura xa daba que supoñer que non ia resultar doada. E así foi, pois tras facer un 1º km. polo centro chan e picando para abaixo no que acompañei ao grupo de cabeza, a partir do 2º comezarían as hostilidades que se deixarían notar especialmente ata o km. 7 cunha pendente importante, a partir de ai e ata o 12 seguiría tirando para arriba, pero algo máis levadeiros, si se pode dicir iso, xa que as pernas xa estaban tocadas, e ao chegar a este punto kilométrico volta para atras a desfacer o andado, aínda que co cansazo e a calor xuro por Dios que a min dábame a sensación de que seguiamos subindo e non era capaz de baixar de 4:20 min/km., agás os 2 últimos que eran os de máis pendente, e nos que votei o resto por acabar o antes posible e chegar a Alameda onde estaba a meta e a familia para dar folgos neses últimos metros.

Detalle da camiseta
Aínda que houbo un momento pola metade que pensei que non me volvían ver por estas terras, ao rematar a carreira, e xa recuperado, tiven que recoñecer que ademais dunhas das probas mais duras nas que participei, foi tamén unha das máis fermosas, xa que discorre completamente por unha estrada comarcal polo canón do río Valcarce e rodeados polos Ancares. Ademais, a organización e o trato ao corredor foron do mellor recibido ata o momento, con abundante froita na chegada (tamén, por suposto, avituallamentos intermedios), unha orixinal medalla de coiro para tódolos participantes, ducha quente preto da meta, e ao remate, tras a entrega de premios, festa e cea para tódolos presentes a base de melón con xamón, bolos preñados e mesmo queimada (conxuro incluído) co que nos retiramos para o hotel preto da medianoite.
Detalle da medalla

En resumo, unha carreira máis que recomendable na que vos animo a participar para que medre a inscrición e se consolide no tempo. Iso si, a miña recomendación e tomala con calma e gozar da paisaxe, xa que si se vai a competir e o tempo non acompaña pode resultar realmente dura...

Clasificación da I Media Maratón de Ancares
Oficial (Championchip Norte)
Fran Méndez. Posto xeral: 39; Posto categoría: 19; Tempo:1:34:29; Ritmo: 4:29/km
Nº de atletas que finalizaron a proba: 148

Clasificacións da I Ultra Trail do Barbanza (Arousa.com)

Fotos e vídeos
Fotos de Ancares: Correr en Galicia
Fotos do Barbanza: Arousa.com
Vídeo de Villafranca: Championchip Norte (Youtube)

Instagram

Patrocinadores

Arquivo