domingo, 23 de xuño de 2013

Atletismo: III Carreira Popular Concello de Carballo (FGA)

O pasado domingo tivemos una nova cita cunha proba federada, neste caso coa III Carreira Popular Concello de Carballo.
Amador no poido de Carballo
Uns poucos dos nosos atletas serían da partida para percorrer os "longos" 10 km, pero a participación non sería anecdótica, xa que Amador Pena subiría ao podio na súa categoría.

Foto: Adrián Q.
Mañá gris e con humidade, o que facía sentir algo de bochorno (non hai máis que ver as caras dos atletas nas fotos). Tamén influía algo o feto de correr ás 12 h.

Moita participación, aínda que tamén moitas baixas, como adoita pasar nas carreiras gratuítas, e coa organización e a federación moi comprometidas co evento. Carpa de fisioterapia, varios avituallamentos de auga nas dúas voltas ao percorrido da carreira, globeiros para marcar o ritmo... 
Foto: Adrián Q.
Como detalle simpático a comentar sobre os  globos, había un que ía para 32 minutos, pero ía en bici. Con todo, o feito de que o perfil da carreira non era propicio para marcas (bueno, para algúns si, pero chegar a asegurar que era unha carreira rápida... E inda enriba sobrándolle metros, por máis que estivese homologada...) e ao non participar atletas de “elite”, pois este ciclista en BTT tivo que frear para non quedarse só a ese ritmo. Pola contra, o globo dos 40 minutos non tivo o mellor día e, nunca mellor dito, pinchou, ou como di o noso Pepe Bermúdez T., “estoupou como unha castaña” na segunda volta. Pero bravo el por levar atado o globo pouco menos que ao pescozo, e cun vento que “tocaba as narices”.

Foto: Adrián Q.
 Pouco máis que comentar desta carreira que se vai consolidando ano tras ano, e que ten o mérito de manter a súa gratuidade.
Gañaría a carreira Cristian Díaz, e nas mulleres o faría Carla Merayo. Dos nosos, como anticipamos, destacar o sensacional posto de Amador Pena, tanto na xeral como na súa categoría, na que quedaría de 2º. Segue Gonzalo Silva coa súa recuperación da forma, facendo unha moi boa carreira, en progresivo. 

Foto: Adrián Q.
Carreira a dúo de Víctor Cerqueiro e Miguel Nogueira, tirando un do outro case que todo o tempo. Logo J. M. Mallo, ao que o famoso globo dos 40 minutos o ilusionou en falso. No obstante, fixo unha carreira que lle vale ben como adestramento de calidade para futuros retos atléticos. Salientar que tamén correría Jeanette, parella de Víctor.

Foto: Adrián Q.
Un 10K ideal para adestrar pois, pero case sempre polémico pola homologación longa da distancia, polas críticas aos que atallan polas beirarúas, bla, bla, bla. O caso e que non choveu, que co tempo que temos ultimamente case que foi de agradecer, e que compartimos un bo momento entre colegas na previa e durante a carreira.

 

Percorrido e perfil

Percorrido
Perfil
 






Perfil con porcentaxes de desnivel






Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo