E chegou o verán en plenitude nesta pasada fin de semana con dúas carreiras vividas de formas diferentes polos atletas noitebros. Moita calor a tarde do sábado no Campus Sur da USC coa I Carreira Solidaria Runs for Parkinson’s Compostela (FGA) e noite plácida e ben agradable coa I Carreira Nocturna de Castiñeiras en Ribeira.
| Nutrido grupo de noitebros na calorosa tarde no Campus Sur. Foto: Javier. |
A participación máis importante en número estivo co Campus, onde o club recolleu numerosos triunfos.
Comezando coa I Carreira Solidaria Run for Parkinson’s Compostela, do calendario federado, cabe agradecer xa de inicio que nunha tarde de praia, 13 atletas do club estivésedes pola labor de participar pola causa.
| Foto: Javier |
Logo dunha boa foto de grupo na saída, arrincamos a toda pastilla, como de costume nas carreiras curtas. E de aí que a segunda volta fose unha tortura para quen se pasase da raia. E é que os case trinta graos (se non máis) se fixeron notar.
| Foto: Javier |
| Foto: Javier |
| Foto: Javier |
Para completar a información xeral, comentar que gañaría a carreira Manuel A. Insúa e nas mulleres o faría Paloma Díaz.
Ao final degustación de empana, pedras de Santiago... Sensacional organización e carreira en xeral, e só nos quedamos coa dúbida de se algún “fenómeno” e “fenómena” dos alí presentes fixeron algunha que outra trampullada para subir ao podio. Deixemos morrer o conto.

En canto á I Carreira Nocturna de Castiñeiras, pertencente ao Circuíto de Carreiras de Ribeira, deixámosvos a crónica de Fran Méndez:
| Foto: Alexha |
Este sábado participariamos na primeira edición da carreira nocturna de Castiñeiras que seria así mesmo a terceira proba do Circuíto de Ribeira; ata alí achegámonos Nacho que viña de correr apenas unhas horas antes no Campus, Jose Manuel, Shaila máis eu, e animando dende o publico Tamara, Julio e a súa nai que acompañaron ata aquí a Jose; e chegamos con certa incerttidume, xa que apenas se publicara nada sobre a proba, perfil, dureza etc., tan só nos advertiran que tiñamos que levar frontal e falta que fixo.
| Foto: Alexha |
O inicio da mesma retrasouse uns minutos por mor de cortar ao trafico a estrada principal e ala partimos apenas 70 persoas para encarar apenas un kilómetro de asfalto e atacar xa o monte coa noite pechada. O detalle máis simpático foi que a organización dispuxo ao longo do percorrido luces químicas sinalando o camiño e parecía que corriamos por unha pista de aterraxe, con mensaxes de animo incluídos, para completar un fermoso circuíto (ou iso se intuía) de 8 km. con duros sube-baixas por asfalto e tramos máis ou menos chans polo medio do monte (aproximadamente a metade da proba), e recibíndonos na meta rodeados de antorchas.
Dos resultados pouco dicir, xa que foi pouco menos que unha festa, pero destacar a Jose que foi 5º na xeral, aínda que só habería premio para os 3 primeiros; por detrás chegaría eu a continuación Nacho; e por último a nota negativa foi o abandono de Shai (é a primeira vez) transcorridos apenas un par de kms. por mor da súa perna, que xa non deu mais de si (toca descansar e recuperarse completamente). Quere Shaila dende aquí darlle as grazas especialmente a Nacho, que a acompañou ao principio da proba e mesmo se parou e quedou con ela ata que chegou o coche escoba (nunca o esqueceremos) e tamén á organización e a Protección Civil, que se portaron de luxo con ela, e comenta que esta experiencia valeulle para ver todo o traballo que hai detrás dunha carreira.

Xa na meta e como ven sendo costume por estas terras, paella e cervexa para todos e a gozar da magnifica temperatura para a hora na que estabamos. E para rematar animarvos a todos a participar nesta singular e fermosa carreira, xa que a participación foi mais ben escasa pero de seguro si se corre a voz para o ano hase superar con creces...
Clasificacións
Oficial da Parkinson Compostela (FGA)
Os nosos na Parkinson Compostela
Os nosos na Nocturna de Castiñeiras
Fotos
Fotos da Parkinson Compostela: Correr en Galicia e Álbum da carreira grazas a Ángeles Vázquez (feitas por Javier).
Fotos da Nocturna de Castiñeiras: Correr en Galicia
Fotos da Parkinson Compostela: Correr en Galicia e Álbum da carreira grazas a Ángeles Vázquez (feitas por Javier).
Fotos da Nocturna de Castiñeiras: Correr en Galicia