luns, 26 de agosto de 2013

Atletismo: Convocatoria Oficial para a XVII Carreira Pedestre Popular de Noia (FGA)

O Noitebra F.C. CONVOCA aos seus atletas federados para participar na XVII Carreira Pedestre Popular de Noia que se celebrará o próximo sábado 31 de agosto.
AVISAMOS de que estamos a facer o cómputo de carreiras da tempada e nos consta que hai atletas que aínda non participaron no mínimo de convocatorias esixido (3) para obter o 100% da bonificación federativa para a tempada que vén. Coa intención de que  poidan ir cumprindo este criterio, realízase esta convocatoria oficial na que cada atleta deberá formalizar a súa inscrición de xeito individual a través da web EME Sports, para logo remitir dende o club á organización a listaxe de atletas que representarán ao equipo en Noia (consultaremos os participantes do club dende a web de inscrición, polo que non ocultedes o nome no proceso, ou senón, avisádenos a tempo!).
Conformarán equipo un mínimo de 8 corredores/as chegados a meta, dos cales puntuarán os 4 primeiros en finalizar.


Horario: a carreira absoluta será  19:30 h.
Distancia: 8 km.
Último día de inscrición: o mércores 28 de agosto ás 22 h.
Prezos:
  • Escolares: gratuíta
  • Adultos: 5 euros
Inscrición:
  • Inscrición de adultos e escolares: aquí.
Información da proba:
  • Regulamento da proba: aquí.
Listaxe de atletas do Noitebra anotados: (29/08/13 ás 16:50 h.)

1. Walter Rosales (cadete)
2. Manolo Moure
3. Pablo Iglesias (non federado)
4. Puri Bermúdez
5. Ramón Alende
6. Juan del Puerto
7. Óscar Valle
8. Jaime Rivas Posse

Patrocinadores

Arquivo