domingo, 1 de setembro de 2013

Atletismo: Carreira Solidaria por Samuel en Padrón, XXII Carreira das Areas en Carnota e V Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

O verán non sempre é sinónimo de vacacións e así o demostran os atletas do Noitebra coa súa participación en diferentes carreiras a pasada semana.
Foto de grupo con Samuel
Estivemos na Carreira Solidaria por Samuel en Padrón, na XXII Carreira das Areas en Carnota e na V Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal.
Das anteriores podemos considerar a máis destacada á Carreira Solidaria por Samuel, organizada pola ONG Mímame, celebrada a noite do 24 de agosto nun percorrido pola zona vella de Padrón de algo menos de 4 km. Non podiamos fallar á cita, ben participando, ben coas inscricións do dorsal cero, xa que se trataba do fillo dun vello coñecido noso: Juanma Mata.

J. R. Abel no podio
Foi unha noite agradable onde o de menos era o resultado atlético, aínda que si contamos con Gonzalo Silva e J. R. Abel dándolle caña, e subindo ao podio este último. O resto de noitebros que participarían a xeito, na medida das súas condicións, serían Puri Bermúdez, Ramón Alende, Manolo Moure, Walter Rosales, Nacho Liñares, Ángeles Vázquez, Miguel Nogueira, Fran Méndez, Shaila Muñiz, J. M Mallo e Belén Noya. Boa participación e boa recadación, cuns 1.000 euros para axudar á familia de Samuel a levar da mellor forma posible a enfermidade dexenerativa que posúe.
Foto: J. Bernal

Unhas horas antes, na XXII Carreira das Areas en Carnota teríamos a Pepe Bermúdez, Víctor Cerqueiro e tamén a Gonzalo Silva. Carreira clásica pola area, e este ano cunha nova variación no percorrido para pasar pola zona do ben coñecido Hórreo do lugar e completar uns 10 km. Sen dúbida, unha boa carreira para gozar en pleno verán.

Foto: J. A Costa
Ao día seguinte tivemos tamén representación na V Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal. Ángeles Vázquez, Nacho Liñares e J. M. Mallo deixaríanse caer por alí e logo de correr a noite antes en Padrón e tamén estarían Óscar Valle e Mark Losada. Carreira rápida nun percorrido urbano duns 6,7 km celebrada ao medio día, con boa participación e ambientación como adoita ser habitual nesta poboación.


Clasificacións
Carnota (Cronotec) 

Instagram

Patrocinadores

Arquivo