mércores, 19 de marzo de 2014

I BTT Nocturna de Santiago de Compostela




Ruta celebrada este pasado 15 de Marzo polo Campus e Alameda de Santiago de Compostela, onde asistiron tanto membros da sección de BTT (Fernando, Miguel Anxo, Jorge) e algún compañeiro de atletismo (Carlos Buján, Jorge García e Marcos Losada).







Primeira ruta nocturna a que se enfrentaban os Noitebros, sinxela en canto a desnivel, pero con moito camiño estreito, escaleiras, saltos, obstaculos, e sobretodo bordillos, os cales causaron innumerables pinchazos e llantazos, de feito dos 325 inscritos, 170 non puideron acaba-la proba, o que dá a entender o nivel de esixencia mecánica da proba para as bicicletas.

No momento da saida.

O comezo retrasouse pola cantidade de xente que se atopaba paseando neses intres pola alameda, e pequenas variacions no recorrido, fixeron que a ruta prevista duns 25 kms, transformouse o añadir unha volta de recoñecemento mais outra "extra", pasando a ser uns 40 kms, esto fixo que nas primeiras voltas queimaran as forzas, e gracias a unha barriña de muesli perdida na mochila puiden evitar a "páxara" e gardar forzas para realizar unha ultima volta con garantías.
En resumo, unha proba moi divertida e esixente, que esperemos repetir experiencia nocturna na proba de 24 horas que se organizará en maio.

Botando o cú para atrás como ten que ser

Baixando escaleiras sen parar


Aquí a táboa cos tempos realizados, tanto Fernando como Bujan, tiveron que abandonar, e destacar a carreira de Marcos Losada cun bo 34º posto na xeral.


Instagram

Patrocinadores

Arquivo