mércores, 9 de abril de 2014

I Ruta Cicloturista Btt "Ruta dos Lobos"


O pasado Domingo 6 de Abril os corredores do Noitebra Martín e Fernando acudimos a I ruta BTT dos Lobos organizada polo concello da Fonsagrada.

Sen dúbida, unha ruta duna increíble beleza paisaxística que xunto coa guía do noso bo amigo Javier (que foi quen nos convenceu a participar, a pesar do longo desplazamento) fixeron a carreira moito máis levadeira a pesares da súa dureza.





Con un total de 47 km, discurríu na súa mayoría no medio das montañas Fonsagradinas puxo a proba non só a resistencia e a técnica nas subidas,  cunhas costas de gran desnivel, tendo o seu punto álgido na metade da ruta con unha subida de aproximadamente 10 km (a vista final coas cumbres das montañas nevadas fixo que merecera a pena),  tamén nas baixadas rápidas, de gran desnivel, e cheas de moitas pedras soltas.


Preparando motores para a ruta

Unha das zonas máis divertidas transcurría no tramo coñecido como “Estrada da República” que transcurre por un camiño estreito donde non cabe máis de unja bici de lado de un gran barranco que seguía o camiño do río Suarna. Una auténtico exercicio de equilibrio.

Finalmente, acompañados durante case toda a carreira por un integrante do clube ciclista Lucense Correcaminos, completamos o percorrido en aproximadamente 6 horas. 

Cabe destacar a boa organización da ruta por parte da organización, que nomeou os tramos cos nomes dos clubes participantes (esperamos atopar o nome do Noitebra o ano que ven) que acompañado polo bo tempo, e unha fantástica comida ao rematar, fixo de esta Ruta unha cita obligada pro ano que ven.

As próximas citas do Noitebra BTT serán, o próximo 13 de Abril en Bertamirans na ruta organizada polo clube Os Esfola Arrós, e contando xa os días que quedan para a 101km Peregrinos de Ponferrada, e a proba de 24h de resistencia en Santiago de Compostela.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo