sábado, 12 de abril de 2014

Andaina de 50 km da Bisbarra do Sar (Padrón)

 

O pasado sábado 29 de marzo tivemos representación na modalidade de BTT e tamén na de marcha sen retención na VII Andaina Bisbarra do Sar (Padrón-Rois), de 50 km de distancia.

Miguel Nogueira (BTT) e Jorge García (marcha-atletismo) serían os noitebros que completarían o esixente percorrido.


Perfil da subida final
Primeiras pedaladas, xa subindo
Clima idóneo, sen chegar a chover (só algo de néboa), e temperatura agradable para afrontar a longa distancia.
Saída neutralizada, cos da BTT marcando o ritmo, dende o centro de Padrón para logo xa cada especialidade realizar o seu percorrido (no 90% era case que o mesmo) estruturado en varios bucles que tiñan como punto de referencia o pavillón do centro de Padrón.


Nun punto de control


Para os non iniciados neste tipo de probas (andainas), dicir que contamos con diferentes puntos de control onde era preciso selar un cartón (“estilo peregrino”).




Chegando ao control
As características do percorrido e os diferentes ritmos dos participantes farían que unha e outra vez se fosen cruzando marchadores e ciclistas, en especial cando o terreo picaba cara arriba, tónica xeral de cada un dos bucles, e en especial para quen escollese (de forma alternativa e voluntaria) facer a ascensión especial ao alto do Monte Meda. Por lóxica, esta última parte sería diferente para os ciclistas, xa que os corta-lumes eran imposibles de subir correndo, e moito menos para subir montados na bici. Isto traduciuse en 1 km máis de subida para os ciclistas, pero compensaba o esforzo.


Alto do Meda
O xenial estado de forma de Jorge (finalizou en menos de 5 horas) fíxoo chegar antes que Miguel (sobre 5 horas e 15 minutos en chegar arriba) na bici. Este último estivo moi ben acompañado por Manuel Ángel Romero, que tivo o detalle de transportarlle a bici no coche para poder participar nesta proba, ademais de logo pasalo moi ben, e iso que se puido complicar a cousa logo dun pequeno accidente que case lle fulmina ás costelas ao bo de Manuel. Por sorte a cousa quedou en nada e tira millas. De propina para os ciclistas que subían ao monte, baixalo ata Padrón, para facer case que 60 km en total.
Manuel Angel, Jorge e Marcos na cima do Meda

Pouco máis que comentar. Evento especial, con poucos ciclistas e corredores polo tipo de proba que era (principalmente andaina), tecnicamente fácil, pero con subidas para dar e tomar, con esa parte final de subida ao Meda que case facía botar o fígado fóra polo tremendo desnivel.

En xeral, excelente organización, avituallamentos, etc. Só mellorable na sinalización nalgunha parte concreta.

Tocará repetir outro ano.

Fotos por xentileza da orgaizanición e solopisadas

Instagram

Patrocinadores

Arquivo