luns, 21 de abril de 2014

V Marcha BTT "Os Esfola Arrós"


Marcha celebrada o pasado domingo día 13 de Marzo polos arredores de Bertamiráns, a que asistiron os noitebros Fernando Barreiro e Jorge Cela. 

Tivemos representación tamén no Trail celebrado en paralelo con dous atletas noitebros, Victor Cerqueiro e J. Carlos Buján.





Ruta con saída e chegada no centro de Bertamirans, duns 42km de lonxitude aproximadamente, como observamos no perfil a parte dura da carreira estaba na primeira metada con dúas importantes subidas.

Comezamos as 9:30 dando un pequeno rodeo polo centro da cidade para tras uns 4-5km atoparnos co primeiro repeito que foi divindo a grupeta de ciclistas entre os "pros" e os afeccionados, senderos ben sinalizados e pistas sen moita dificultade tecnica ata chegar o km 10 onde comezaba a dura subida o Monte de San Marcos onde nos agardaba o primeiro avituallamento e a primeira sorpresa da ruta.
Unha espectacular (e compricadísima) trialeira, mais propia dunha proba de descenso pola cal houbo que baixar con moito coidado de pé, ata que pola metade botamoslle valor e baixamos como ben puidemos, pero resultou moi divertido.


Rodando rápido o inicio da proba.

Tralo vertixinoso descenso comezaba unha longa subida ata o cumio de Chan de Monte, onde a calor comezaba a facer mella no corpo e na cabeza, seguida dunha longa baixada ata a playa fluvial de Tapia, onde agardabanos un enorme avituallamento liquido-sólido (onde non faltaba de nada, un 10 a organización neste aspecto).
Tras repoñer forzas e liquidos (revisar algún problemilla mecánico...), afrontabamos a ultima parte de ruta cun ritmo tranquilo para rematar con forzas (ademais de levar 2 semanas con molestias no sóleo que me impedian pedalear con comodidade, pero hai que saber sufrir as veces).
O sol en todo o alto daba con forza, e gracias a unha fonte que atopamos pola ruta puidemos refresacar a cabeza para aclarar as ideas e rematar a proba.


As últimas baixadas da ruta.


Coma sempre recordar que os domingos pola mañá saimos a rodar, e que cada vez falta menos para a 101 Peregrinos de Ponferrada!

Instagram

Patrocinadores

Arquivo