luns, 9 de xuño de 2014

II BTT Compostela



O pasado domingo cerrouse o ciclo do I Campionato de BTT de Compostela coa II Compostela BTT, de diferentes distancias que ían dos 40 aos 100 km. Tamén se celebraría o I Compostrail, de 24 km, compartindo parte dos percorridos das BTT.




O perfil da ruta, quizais mais "suave" respecto o do ano pasado, cun par de puntos compricados, e un par de baixadas con perigo.

A saída, dende o Campus Sur, ao carón da carballeira de San Lourenzo, estaba prevista para as 9 h. da mañá, e a pesar de que o día era climatoloxicamente bo, facía fresquiño. Por alí estarían Martín Rey, J. Carlos Buján e Miguel Nogueira representando á sección de BTT. Visitaríaos o xefe de filas, Jorge Cela para presentar a mostra da camisola oficial da sección, que por razóns de talla portaría Miguel Nogueira. Noutras filas para a BTT, pero tamén do club, estaría Mark Losada, que iría moi axeito na marcha curta co seu afillado Nacho.





Na BTT Martín e Miguel optarían pola marcha corta, que resultaría de 45 km e Buján a longa, próxima aos 100 km. A corta era bastante levadía en canto a dureza e nivel técnico, con abundantes avituallamentos e bastante ben sinalizada, aínda que había zonas que se non se estaba atento podería levar a confusións. 


Miguel Anxo baixando a toda velocidade.

No track pódense ver ben as zonas polas que se pasaba, case todas elas pola contorna do Monte Pedroso. A longa tiraba máis cara o río Tambre e tamén recibiu boas valoracións por parte dos ciclistas, pero mellorable no tema de apoios e avituallamentos na segunda metade.


Aquí Buján afrontando a ruta de 100km

Bo sabor de boca para os nosos, con resultados diversos, pero con gañas de repetir (polo menos os da BTT), en gozando, en especial, coa comida final entre boa parte do equipo no Monte da Condesa.
Agora só toca esperar pola clasificación da regularidade no campionato, se é que a publican.


Martin Rey "Puritos" enfilando a curva.


Próxima cita, II BTT do Concello de O Pino o 15 de Xuño co equipo  o completo.


O club tamén tería representación no trail con Jorge García (2º absoluto e 1º na categoría) e Fran Méndez. Nesta modalidade a organización tería grandes erros que farían que os atletas non tivesen avituallamento nos 27 km que tivo a carreira ao final (por se era pouco). A propia empresa organizadora remataría devolvendo parte dos cartos da inscricións para tratar de compensar.



Compartindo podio con Pedro Nimo!

Instagram

Patrocinadores

Arquivo