venres, 20 de febreiro de 2015

Campionato de Galica de Campo a través de veteranos (Cabío, A Pobra)

O Noitebra F.C estivo presente a pasada fin de semana no campionato de Galicia de Campo a través de veteranos, celebrado no pinar de Cabío, concello de A Pobra do Caramiñal.

Sete membros do noso clube participaron nas distintas probas desenroladas durante toda a mañá, dentro dos campionatos e no 4º cross popular do concello que sería a última proba disputada.


O día presentábase plácido en canto a que a climatoloxía quixo que disfrutaramos de tódalas carreiras sen choiva e incluso con momentos de sol que invitaban case case a darse un chapuzón na Praia, de non ser polas baixas temperaturas que as veces acompañadas de algo de vento facían que a sensación térmica fose algo baixa.

Comezou a mañá coa proba de mulleres donde non tivemos representación, Mª Teresa Castro do Atl. Noia sería a vencedora sobre un circuito de 5.3 km.
A ausencia de carreiras de menores  e o bo estado do pinar fixeron que case non houbese lama e as probas tivesen un ritmo alto pese a discorrer en determinadas zonas por desniveis importantes e sectores con area de Praia, puidendo incluso correr sen zapatillas de cravos sen maior problema.
Non tardaron os nosos en sair a palestra, carreira de +35 e +40 , alí estaban Jorge García, Ricardo Iglesias e J.M Mallo preparados para loitar sobre as faiscas dos pinos en un percorrido de algo máis de 7 km, nivel moi alto nesta carreira que foi gañada polo atleta do Ourenrunning Hassan Lekhili cun tempo de 25 minutos.

No posto 29º entraría Jorge García cun tempo de 27:55
No posto 48 entraría Ricardo Iglesias cun tempo de 30:11
No posto 55 entraría J.M. Mallo cun tempo de 31:15

A continuación sería o turno dos máis veteranos, nesta ocasión so contamos cun representante, Daniel Becerra, que disputou o que sería a proba máis rápida do día, xa que os de cabeza vese que tiñan prisa por ir comer, ben é certo que a distancia foi menor que os seus predecesores pero o gañador nesta proba Daniel De la Torre do clube San Miguel de Marín correría a un ritmo de 03:17 m/km os 5,3 km de carreira, mostrando unha superioridade importante con respecto os seus rivais.
O noso atleta Daniel Becerra acadaría un meritorio 39º posto cun tempo de 20:02 non tendo as mellores sensacións en carreira por facerselle curta de máis, a próxima vez tócalle quentar máis tempo antes de comezar ;)

Nesta proba o equipo gañador foi o Milladoiro.

Pecharía a xornada a proba popular, na que algúns atletas xa mostraban a necesidade de comer pois eran horas para estar sentados na mesa, pero nos preferimos forzar un pouco a máquina e escorrentar o frío dando zapatilla.
Minuto respetuoso de silencio gardado en memoria dun compañeiro de carreiras falecido o día anterior e veciño do pobo.  D.E.P.

A proba arrancou a toda mecha marcando un ritmo alto en cabeza, ritmo no que se puido meter Amador Pena, enganchado a outros 3 corredores que pronto se distanciaron do resto, no seguinte grupo xa aparecían os outros dous integrantes do noso clube, os irmáns Iglesias, moi cerca un do outro.
A falta de 2 km Osiris Rei do Universidade de Santiago fixo un importante cambio de ritmo na cabeza que so puido aguantar Amador, quedando os dous solos na cabeza da proba , e donde por sorte o noso atleta puido sacar forzas nos últimos metros para entrar na primeira posición distanciado en 5 segundos.
Non tardou en chegar Jose Iglesias na 9º plaza e a menos de medio minuto Julio Iglesias no posto 11º, tres posicións máis que meritorias, donde de haber clasificacións por clubes como nas anteriores probas acadaríamos a primeira posición.

1º Amador Pena cun tempo de 25:36
9º Jose Iglesias cun tempo de 27:26
11º Julio Iglesias cun tempo de 27:56


Próxima parada Carreira da Filloa de Lestedo e M.M cidade de A Coruña.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo