mércores, 27 de maio de 2015

E todo comezou un día tal como hoxe hai 15 anos...

Celebración do 5º aniversario
27 de maio de 2000. Xa pasaron 15 anos desde aquela tarde de maio na que quedamos na miña casa para pechar definitivamente o noso proxecto de ter equipo de fútbol (ver reseña da historia do club neste link).

Podería contar mil historias do equipo, pero agora á mente véñenme dúas persoas ás que botamos de menos, e que nos apoiaron moito para que puideramos primeiro arrincar e logo manternos. Son Pepe Uriarte e Alejandro Gómez-Ulla. Claro está que un equipo que leva tantos anos non é casualidade, e todo é grazas aos nosos familiares, AMIGOS, á federación, Concello de Santiago, patrocinadores, adestradores e un larguísimo etcétera, que traballaron moitísimo sen recibir nada a cambio.

Histórica final da Copa de Santiago
O que comezou sendo un equipo de fútbol, creceu co atletismo (de maneira incrible e inimaxinable) grazas a Miguel e todos os amigos e patrocinadores que se foron unindo a este novo proxecto no ano 2007 e posteriormente no 2013 coa sección de BTT.

O gran valor do Noitebra é a amizade e o deporte. Recibimos e seguimos recibindo moitas axudas; ademais da económica, está a dos amigos que dedican o seu tempo e traballo para facer non só que o Club siga existindo, senón que cada ano creza un pouco máis a pesar das dificultades que van aparecendo.


Síntome moi afortunado de formar parte do Noitebra convosco e de coñecer a tantos amigos e amigas que fan que todo mereza máis a pena. Grazas!!!

Non me quero estender máis xa. No que queda de ano faremos o imposible para poder xuntarnos e celebrar este 15º Aniversario e seguir en contacto.

Manterémosvos informados.
José Ramón Bermúdez Bobillo
Presidente do Noitebra F.C. dende o ano 2000

Instagram

Patrocinadores

Colaboradores

Arquivo