Actualidade sobre a intensa actividade do noso club no inicio do mes de agosto: participacións en Ares, Angrois e Mesía (1 e 2 de agosto de 2015)

CorreSan Ruta da Prata-Angrois
Podemos considerar esta como a cita estrela desta fin de semana, e xunto co Trail do 15 aniversario do noso club, tamén da tempada, polo feito da fermosa simbiose que leva tendo lugar entre o Noitebra e Angrois, especialmente dende que ó noso compañeiro, D. Manuel Moure, se lle metera nos cornos facer unha carreira neste barrio. E non podíamos fallar. Convocatoria para todo o club ineludible.
A cita fora posposta por cuestións organizativas, e finalmente foi caer nunha temida data, como parecía a do 1 de agosto (inicio do mes vacacional por excelencia). Pero os datos finais de participación demostran o éxito e resposta da xente, que acudiu con entusiasmo a completar o percorrido rompe-pernas pola zona do barrio do Castiñeiriño e lugar de Angrois. Con todo, aínda habendo moi boa participación de noitebros, botamos en falta a moitos, moitos colegas do equipo!
Comezaba o evento coas probas escolares, onde tivemos representación con Lucas, cun segundo posto benxamín, e Brais, segundo alevín e terceiro da carreira!
Chegaba o momento da carreira absoluta, de 5,2 km, xa sen a temida subida ó Mouronzón do ano pasado, pero coa subida da Chaparra e Divina Pastora, que lle chegaba ben, sobre todo pola tarde de calor que quedou, a pesar de que a saída era ás 21 h. Dun modo semellante á carreira da Cidade Vella, saíuse a lume, pero as subidas comezaron a ir poñendo a cada un no seu lugar. Nos nosos, houbo de todo, pero en xeral todos tiraron o que puideron, sen reserva, destacando coma sempre o espectacular final de Amador Pena, que na última baixada e recta de meta lle valeu para conseguir o terceiro posto xeral. Bo papel tamén de Jose Iglesias e Carlos Buján, que andarían aí nos 15 primeiros postos nunha carreira con máis nivel do esperado a priori, coa presenza de xente importante, como foi o caso do gañador, Victor Riobó, ou Rubén Caamaño. Completarían o cuarteto para a puntuación por equipos, xunto con Amador e Jose, Jorge García e Dani Becerra. En canto ás nosas rapazas, María Tarrío lograría o terceiro posto na súa categoría, e Lucía Ansedes faría sexta na súa.
Agradecer ó Concello, Federación (en especial Iván Sanmartín), voluntarios e colaboradores o feito de darnos a posibilidade de poder correr na nosa casa e ternos montado tremendo espectáculo. E tamén dar as grazas a Manolo Moure e Martín Rozas por todo o seu empeño e preocupación para que todo saíse OK e permitirnos degustar uns pinchos ao rematar, e así poder saborear pouco a pouco o vivido durante toda a tarde do sábado.
Próxima cita do CorreSan: Crono-escalada ao Monte Pedroso, en setembro.

Comezaba o evento coas probas escolares, onde tivemos representación con Lucas, cun segundo posto benxamín, e Brais, segundo alevín e terceiro da carreira!
Chegaba o momento da carreira absoluta, de 5,2 km, xa sen a temida subida ó Mouronzón do ano pasado, pero coa subida da Chaparra e Divina Pastora, que lle chegaba ben, sobre todo pola tarde de calor que quedou, a pesar de que a saída era ás 21 h. Dun modo semellante á carreira da Cidade Vella, saíuse a lume, pero as subidas comezaron a ir poñendo a cada un no seu lugar. Nos nosos, houbo de todo, pero en xeral todos tiraron o que puideron, sen reserva, destacando coma sempre o espectacular final de Amador Pena, que na última baixada e recta de meta lle valeu para conseguir o terceiro posto xeral. Bo papel tamén de Jose Iglesias e Carlos Buján, que andarían aí nos 15 primeiros postos nunha carreira con máis nivel do esperado a priori, coa presenza de xente importante, como foi o caso do gañador, Victor Riobó, ou Rubén Caamaño. Completarían o cuarteto para a puntuación por equipos, xunto con Amador e Jose, Jorge García e Dani Becerra. En canto ás nosas rapazas, María Tarrío lograría o terceiro posto na súa categoría, e Lucía Ansedes faría sexta na súa.

Próxima cita do CorreSan: Crono-escalada ao Monte Pedroso, en setembro.
Carreira Popular de Mesía
E chegou o Domingo, e como non podía ser doutra forma tamén tivemos carreira, esta vez unha das que se pode denominar “popular” en tódolos sentidos. Unha proba das de antes, feita dende o cariño, o coidado dos pequenos detalles, e na que os atletas nos sentimos como na nosa propia casa gracias a impecable labor organizativa do concello e colaboradores, coa compañeira Mª José Grobas como cabeza visible, que neste día multiplícase por catro para atender a tódalas frontes posibles, dende acompañar a un neno rezagado na súa proba ata correr a proba absoluta ou encargarse da entrega dos trofeos etc. Unha labor encomiable.
Outra vez teríamos a Amador Pena competindo nesta proba, na opción curta das dúas probas celebradas en Mesía. Algo máis de 6 km, os cales, despois das dúas carreiras do día anterior, éranlle máis que suficientes. Pero antes puidemos volver a vibrar con outra vitoria absoluta noitebra, nunha fantástica carreira que Brais Picón comandaría de comezo a fin, nun circuíto de dúas voltas arredor da lagoa. O noso pequerrecho imporía un forte ritmo xa dende o principio para manter a certa distancia ó resto de perseguidores que non llo porían nada doado. Brais ao contrario que Amador, non tivo en conta ter corrido o día anterior en Angrois (cousas da idade). Porque na proba de 6 kms de adultos, Amador non apertaría os dentes ata pasados os 4 kms de percorrido, indo ata ese momento tras varios participantes, principalmente o compañeiro do Pinarium Angel Campos, o cal rematou segundo tras o noso compañeiro. Dous kilómetros "a fuego" que lle serviron para chegar a meta cunha cómoda vantaxe.
Nesta proba, como xa vén sendo habitual, tivemos o tan agradecido terceiro tempo: uns pinchos que nos sentaron mellor que ben para recuperar folgos e subir a nota final desta proba gratuíta ata o 10!

Nesta proba, como xa vén sendo habitual, tivemos o tan agradecido terceiro tempo: uns pinchos que nos sentaron mellor que ben para recuperar folgos e subir a nota final desta proba gratuíta ata o 10!
Autores:
Amador Pena
Miguel Nogueira "Pirri