luns, 10 de agosto de 2015

Memorial Pablo Mougán

O Noitebra tivo representación, este ano tamén, no II trofeo do Clube Atletismo Santiago - Memorial Pablo Mougán (14/07/2015)

Este ano incrementamos a participación, aínda que ben puidemos e deberíamos de ser máis. Moitas veces non acudimos a competicións en pista por medo a non estar a altura ou demasiado respeto polo tartán, cando debería de ser todo o contrario. A pista é a esencia do atletismo. 

Nas categorías inferiores teríamos a Lucas, representándonos tan fantásticamente coma sempre, subindo ao caixón máis alto do pódium da carreira de 500 ml. 



Na seguinte distancia tocoulle o turno a seu pai. Jorge volvería a probar sorte nos 400 ml. cun bo resultado. Quedouse un pouco na saída, e nesas distancias non hai marxe para recuperar. Boa marca de todas formas  para o noso compañeiro.



Veu o turno para Amador, esta vez debutando nos 800 ml. Marca decente para ser a primeira, pero moi mellorable. 
 













A continuación chegou o turno dos 3.000. Na primeira serie Amador completou un bo día de entrenos tirando ata aprox. os 1.000 metros, donde as pernas lle dirían basta, retirándose según o previsto. A segunda serie do 3.000 foi donde tivemos maior representación. Habituais como Miguel Nogueira ou Ricardo Iglesias acompañaron a Daniel Becerra no seu regreso as pistas despois de …. unha chispa de anos, jeje. 


Pirri chegou polos pelos sen tempo case nin para poñer o dorsal. Ricardo pagou nos últimos metros un ritmo demasiado alto no inicio sendo sobrepasado por Dani e Pirri, que fixeron unha carreira moi boa case sempre rodando xuntos.



Para pechar a nosa participación neste ben organizado torneo, contamos cun debut en carreiras sobre o tartán. Neste caso Maria Tarrío, que escolleu a proba dos 1.500 para explotar a súa velocidade. Tamén pagou un pouco o excesivo ritmo de inicio, o que lle fixo sufrir máis da conta nos metros finais. Fantástico primeiro contacto coa pista, e de seguro que mellorable nas próximas ocasións.



En definitiva, unha fantástica tarde con boa climatoloxía neste torneo organizado por segundo ano consecutivo polos nosos compañeiros do Clube Atletismo Santiago. Esperamos aumentar a nosa participación para o ano e facelo mellor se cabe.


Resultados do memorial (FGA)

Instagram

Patrocinadores

Arquivo