martes, 21 de xullo de 2015

Campaña de Soci@s Especial 15 Aniversario do Noitebra F.C.

Por fin, por fin!! Iniciamos a campaña de soci@s do Noitebra F.C., tempada 2015, cunha edición especial do carnet deseñado, unha vez máis, por Rubén Moñino.


A cuota, como sempre, 10 euros. Nel atoparedes aos patrocinadores e colaboradores con descontos exclusivos polo feito de ser socios/as. Cabe agradecer unha tempada máis a súa axuda.


Lembramos aos deportistas federados que esta cuota única é obrigatoria e criterio básico para poder optar ás bonificacións sobre os custos federativos desta tempada 2015. Quen teña a cuota satisfeita, que se despreocupe do tema e non lle queda máis que correr e correr, a pé ou na bici.

Para os non federados, ser socio/a é esencial para poder comprar as equipacións exclusivas para membros do club. A esta comunidade de amigos e amigas, familiares, etc. queremos darlle especialmente as grazas, no só por aturarnos, senón por renovar de xeito incondicional o seu abono sen esperar nada especial a cambio, ou si: compartir o sentimento de ser noitebro!!

Trataremos de facer chegar a todos/as os federados e non federados o seu abono (se non o tedes xa), e, de ser posible, buscaremos poñer uns lugares de recollida e cobro (de ser o caso).

No caso de querer ser novo socio/a do Noitebra F.C., por favor, contactar por algunha destas vías:
  • Presencialmente coa directiva ou calquera membro federado do club
  • A través do mail: noitebrafc@gmail.com
  • Empregando as nosa rede social (páxina en Facebook).

FORZA NOITEBRA!!


Instagram

Patrocinadores

Arquivo