Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo Tempada 2012/2013. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo Tempada 2012/2013. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de setembro de 2013

Atletismo: informe preliminar para as bonificacions da tempada 2013-14

Publicamos o informe preliminar sobre as bonificacións para a tempada 2013-14  aos atletas federados da sección de atletismo.
O informe ten data de 27 de agosto, polo que os cómputos foron realizados ata esa data. Dito cómputo, loxicamente pode ter erros, xa que puidera ser que non tivésemos constancia te todas as carreiras ás que foi cada atleta do club dende novembro de 2012. 
De ser o caso, contactar directamente con Miguel Nogueira, tesoureiro do club, que será quen confirme a información de cara a dar o OK sobre a bonificación para a tempada vindeira.
Os que teñan por cumprir algún dos criterios (os baremos están ao final de cada columna da táboa), que lembren que a tempada oficial 2012-2013 remata a finais de outubro. 
Quen teña pendente algunha cota de socio que valore, segundo sexa a súa situación, se abonala ou non.

domingo, 8 de setembro de 2013

Atletismo: carreiras en Noia (FGA), Broña, Petín (FGA), Mugardos (FGA), Vilagarcía, Artes, Meaño e A Estrada

A continuación vos achegamos o resumo de carreiras nas que participou o Noitebra nestas últimas semanas.
O Noitebra en Broña
Intensa actividade con presenza na XVII Carreira Pedestre Popular Concello de Noia (FGA), no IX Cross de Verán de Broña, na IV Media Maratón de Petín (FGA), na XXXII Marathón Popular San Juan de Piñeiro en Mugardos (FGA), na X Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía de Arousa, na VI Carreira do Demo  de San Xián de Artes en Ribeira, na XXIX Carreira Popular Concello de Meaño e no III Memorial Manuel Bergueiro en A Estrada. Case nada!

domingo, 1 de setembro de 2013

Atletismo: Carreira Solidaria por Samuel en Padrón, XXII Carreira das Areas en Carnota e V Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal

O verán non sempre é sinónimo de vacacións e así o demostran os atletas do Noitebra coa súa participación en diferentes carreiras a pasada semana.
Foto de grupo con Samuel
Estivemos na Carreira Solidaria por Samuel en Padrón, na XXII Carreira das Areas en Carnota e na V Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal.

luns, 26 de agosto de 2013

Atletismo: Convocatoria Oficial para a XVII Carreira Pedestre Popular de Noia (FGA)

O Noitebra F.C. CONVOCA aos seus atletas federados para participar na XVII Carreira Pedestre Popular de Noia que se celebrará o próximo sábado 31 de agosto.
AVISAMOS de que estamos a facer o cómputo de carreiras da tempada e nos consta que hai atletas que aínda non participaron no mínimo de convocatorias esixido (3) para obter o 100% da bonificación federativa para a tempada que vén. Coa intención de que  poidan ir cumprindo este criterio, realízase esta convocatoria oficial na que cada atleta deberá formalizar a súa inscrición de xeito individual a través da web EME Sports, para logo remitir dende o club á organización a listaxe de atletas que representarán ao equipo en Noia (consultaremos os participantes do club dende a web de inscrición, polo que non ocultedes o nome no proceso, ou senón, avisádenos a tempo!).
Conformarán equipo un mínimo de 8 corredores/as chegados a meta, dos cales puntuarán os 4 primeiros en finalizar.

domingo, 18 de agosto de 2013

Atletismo: Chamamento para a Carreira Pedestre Solidaria a favor de Samuel en Padrón

Dende o club facemos chamamento para participar na Carreira Pedestre Solidaria a favor de Samuel organizada pola ONG Mímame en Padrón o sábado día 24 de agosto.

Samuel, fillo de Juanma Mata (amigo e vello coñecido dalgúns noitebros) sofre unha enfermidade dexenerativa. Seguro que os coñecedes de velos nalgunha carreira correndo coa silla de rodas.

A carreira será ás 22:30 h. e a inscrición e donativo a realizar será de 3 euros (só os adultos). Máis información aquí.

 

Animádevos a participar. Máis de un faremos cambios nos nosos plans para non fallar á cita.

venres, 16 de agosto de 2013

Atletismo: XX Carreira de Lira e XXIV Carreira Popular do Concello de Cambre (FGA)

Seguen as carreiras de verán para os atletas do Noitebra con participación na XX Carreira de Lira e na XXIV Carreira Popular do Concello de Cambre (FGA).
Foto: A.C. Canle

venres, 9 de agosto de 2013

Atletismo: +10 Manuel Rosales de Marín, Carreira Popular de Mesía 2013 e XXII Milla Urbana de Ares (FGA)

A sección de atletismo segue activa en verán. A pasada semana tivemos representación no +10 Manuel Rosales de Marín, na Carreira Popular de Mesía 2013 e na XXII Milla Urbana de Ares (FGA).
Foto: organización
Homenaxe ás vítimas de Angrois en Marín e podios para J. R. Abel e Amador Pena en Mesía e Ares respectivamente.

Patrocinadores

Arquivo