Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol 3ª Autonómica Tempada 2011/2012. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol 3ª Autonómica Tempada 2011/2012. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de outubro de 2011

Fútbol: Noitebra 2 - San Pedro 2

O Noitebra empata a 2 ante o San Pedro despois de culminar a remontada na segunda metade cos goles de Pedro.

Xa temos a crónica do Mister:

Tarde-noite soleada, pero fresca. Sexta xornada de liga na que nos enfrontabamos a un San Pedro en progresión.

Con Cela na portaría, formamos unha primeira liña de tres centrais con Agustín, Martín e Miguel, actuando Álex e Rubén como carrís, Taboada gardando as costas e un medio de creación con Pedro, Iago e Manuel; en punta Simón

Iniciamos o partido ben asentados e dando mostra de que podiamos facer algo. Boas combinacións no medio campo, pero que se diluían preto da portaría rival. Na liña defensiva, algún desaxuste na marca e na saída de atrás, fíxonos dubidar e concedemos algunha ocasión, unha das cales rematou en gol. O equipo non se veu abaixo e intentou sen éxito marcar un gol.

A segunda parte comezámola espesos e como consecuencia encaixamos un segundo gol. Tiramos de casta e arriscando conseguimos facer un gol a balón parado tras unha falta botada por Manuel e rematada de cabeza maxistralmente por Pedro. Cos cambios realizados que deron frescura ao equipo, e tras unha incursión por banda que rematou en penalti sobre Agustín, Pedro transformaría o empate merecido.

Boas sensacións principalmente nun medio campo que nos pode dar alegrías e bo xogo.


Lamentar a lesión de Rubén. Estamos á espera de saber o alcance da mesma.


O próximo partido será o domingo 23 de outubro, ás 12.45 h. do mediodía contra o Urban nas Cancelas.

 
Máis información no espazo de fútbol do Noitebra.

mércores, 5 de outubro de 2011

Fútbol: A Inmaculada 1 - Noitebra 2

E na quinta xoranda chegou a primeira victoria do Noitebra. Sería por 1-2 ante o equipo de A Inmaculada.

A continuación a crónica do mister:

Quinto partido e como non hai quinto malo, gañamos o noso primeiro encontro da tempada. Con Cela en porta, cunha liña de tres: Agustín, Enrique e Martín, con Pedro por diante, Rubén e Nahuel exercendo de volantes, Taboada e Manuel tentando crear xogo, e dúas puntas para Simón e Alberto.
 
Saímos ben, e durante o primeiros dez minutos non houbo apenas problemas, pero o ímpeto do rival e as entradas ao límite fixéronnos recuar e non nos deixaron ter o balón, o cal o perdiamos con facilidade. Encaixamos o gol nunha falta ao borde da área que o noso porteiro incomprensiblemente deixou entrar. Non calculou ben onde estaba a portería e o balón pegou suavemente no pau e entrou.

Ao fío do descanso tivemos un par de ocasións (de Simón e Alberto) que nos deron confianza para saír na segunda parte moito máis enchufados e con máis gañas. Un golazo de Alberto en xogada persoal deunos aínda máis moral. E o partido converteuse nun correrúas no que a sorte e o bo facer da nosa liña defensiva evitaron un segundo gol en contra. Á saída dun córner, e tras varios rexeites, Agustín atopou un balón solto que o converteu na nosa primeira vitoria. Logo a sufrir.


A vindeira xornada será de descanso, e non se xogará ata o fin de semana do 15-16 de outubro contra o San Pedro.

Próximos adestramentos, o mércores 5 de outubro ás 21.30 h. en Villestro e o venres 7 de outubro ás 21 h. nos exteriores do estadio de San Lázaro.

Mías información na friquiweb de fútbol do Noitebra.

luns, 26 de setembro de 2011

Fútbol: Noitebra 0 - Velacruz 2

Nova derrota do Noitebra por 0-2 ante o Velacruz no partido xogado o domingo pola tarde-noite en Villestro. En xeral o sentimento compartido dos xogadores é que se vai progresando no axuste do equipo, pero aínda hai bastante por mellorar tanto no plano físico como no técnico-táctico.

O bo de todo isto e que xa hai que pensar na próxima xornada, que será contra A Inmaculada.

 
O partido xogarase o domingo 2 de outubro, ás 19:30 h. no campo de A Barrosa (Villestro).

Patrocinadores

Arquivo