Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol 3ª Autonómica Tempada 2011/2012. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol 3ª Autonómica Tempada 2011/2012. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de outubro de 2011

Fútbol: Noitebra 2 - San Pedro 2

O Noitebra empata a 2 ante o San Pedro despois de culminar a remontada na segunda metade cos goles de Pedro.

Xa temos a crónica do Mister:

Tarde-noite soleada, pero fresca. Sexta xornada de liga na que nos enfrontabamos a un San Pedro en progresión.

Con Cela na portaría, formamos unha primeira liña de tres centrais con Agustín, Martín e Miguel, actuando Álex e Rubén como carrís, Taboada gardando as costas e un medio de creación con Pedro, Iago e Manuel; en punta Simón

Iniciamos o partido ben asentados e dando mostra de que podiamos facer algo. Boas combinacións no medio campo, pero que se diluían preto da portaría rival. Na liña defensiva, algún desaxuste na marca e na saída de atrás, fíxonos dubidar e concedemos algunha ocasión, unha das cales rematou en gol. O equipo non se veu abaixo e intentou sen éxito marcar un gol.

A segunda parte comezámola espesos e como consecuencia encaixamos un segundo gol. Tiramos de casta e arriscando conseguimos facer un gol a balón parado tras unha falta botada por Manuel e rematada de cabeza maxistralmente por Pedro. Cos cambios realizados que deron frescura ao equipo, e tras unha incursión por banda que rematou en penalti sobre Agustín, Pedro transformaría o empate merecido.

Boas sensacións principalmente nun medio campo que nos pode dar alegrías e bo xogo.


Lamentar a lesión de Rubén. Estamos á espera de saber o alcance da mesma.


O próximo partido será o domingo 23 de outubro, ás 12.45 h. do mediodía contra o Urban nas Cancelas.

 
Máis información no espazo de fútbol do Noitebra.

mércores, 5 de outubro de 2011

Fútbol: A Inmaculada 1 - Noitebra 2

E na quinta xoranda chegou a primeira victoria do Noitebra. Sería por 1-2 ante o equipo de A Inmaculada.

A continuación a crónica do mister:

Quinto partido e como non hai quinto malo, gañamos o noso primeiro encontro da tempada. Con Cela en porta, cunha liña de tres: Agustín, Enrique e Martín, con Pedro por diante, Rubén e Nahuel exercendo de volantes, Taboada e Manuel tentando crear xogo, e dúas puntas para Simón e Alberto.
 
Saímos ben, e durante o primeiros dez minutos non houbo apenas problemas, pero o ímpeto do rival e as entradas ao límite fixéronnos recuar e non nos deixaron ter o balón, o cal o perdiamos con facilidade. Encaixamos o gol nunha falta ao borde da área que o noso porteiro incomprensiblemente deixou entrar. Non calculou ben onde estaba a portería e o balón pegou suavemente no pau e entrou.

Ao fío do descanso tivemos un par de ocasións (de Simón e Alberto) que nos deron confianza para saír na segunda parte moito máis enchufados e con máis gañas. Un golazo de Alberto en xogada persoal deunos aínda máis moral. E o partido converteuse nun correrúas no que a sorte e o bo facer da nosa liña defensiva evitaron un segundo gol en contra. Á saída dun córner, e tras varios rexeites, Agustín atopou un balón solto que o converteu na nosa primeira vitoria. Logo a sufrir.


A vindeira xornada será de descanso, e non se xogará ata o fin de semana do 15-16 de outubro contra o San Pedro.

Próximos adestramentos, o mércores 5 de outubro ás 21.30 h. en Villestro e o venres 7 de outubro ás 21 h. nos exteriores do estadio de San Lázaro.

Mías información na friquiweb de fútbol do Noitebra.

luns, 26 de setembro de 2011

Fútbol: Noitebra 0 - Velacruz 2

Nova derrota do Noitebra por 0-2 ante o Velacruz no partido xogado o domingo pola tarde-noite en Villestro. En xeral o sentimento compartido dos xogadores é que se vai progresando no axuste do equipo, pero aínda hai bastante por mellorar tanto no plano físico como no técnico-táctico.

O bo de todo isto e que xa hai que pensar na próxima xornada, que será contra A Inmaculada.

 
O partido xogarase o domingo 2 de outubro, ás 19:30 h. no campo de A Barrosa (Villestro).

domingo, 18 de setembro de 2011

Fútbol: Conxo 7- Noitebra 0

Dura derrota do Noitebra por 7-0 co Conxo no seu campo na tarde do domingo.

Próximo encontro contra o Velacruz, o domingo 25 de setembro ás 19.30 h. no campo da Barrosa (Villestro).


luns, 12 de setembro de 2011

Fútbol: Noitebra 0 - Victoria 4

Dura derrota do Noitebra por 0-4 ante o Victoria no partido xogado a tarde-noite do domingo en Villestro.

O próximo partido será contra o C.D. Conxo, que golea aos seus rivais de 4 en 4, e comparte liderato cun bo lote de equipos neste inicio de liga. 


 En breve daremos información sobre a celebración do encontro na cabeceira do blog.

luns, 5 de setembro de 2011

Fútbol: Ruanova 3 - Noitebra 2

O Noitebra inicia a liga con derrota ao caer por 3-2 ante o Ruanova no partido xogado o domingo en Santa Isabel.
No obstante, as sensacións do nosos equipo foron boas. Ademais, debemos ter en conta que se levan realizado poucos adestramentos, quedando aínda moito traballo por facer para conxuntar o grupo e gañar en competitividade.

O próximo partido será contra o Victoria.



En breve informaremos sobre a data, campo e hora.

venres, 2 de setembro de 2011

Fútbol: Inicio da liga 2011-2012 na 3ª Autonómica Grupo 10

O domingo 4 de setembro o Noitebra F.C. iniciará a tempada 2011-2012 ante o Ruanova. O partido, todo un clásico pola historia dos dous equipos, celebrarase ás 16 h. no campo municipal de Santa Isabel.


Este ano o grupo de 3ª autonómica de Santiago será o nº 10 e estará composto por 17 equipos:

C.D. Conxo
Atl. Fátima
Velacruz C.F.
C.F. Vista Alegre
C.D. A Inmaculada
Campo da Angustia F.C.
Noitebra F.C.
Club Estrela Vermella
San Pedro F.C.
Amizade C.F.
C.D. Urban
A Gracia C.F.
U.D. Lavacolla
Ruanova F.C.
C.D. Belvís
Victoria C.F.
Peña Bodegón Arzúa

Patrocinadores

Arquivo