luns, 25 de marzo de 2013

Atletismo: II Cross Río Liñares, A Estrada

Nova participación do Noitebra nunha carreira na Estrada. Nesta ocasión tocaría estar no II Cross do Río Liñares.
Foto: J. R. Abel
Varios dos nosos se citaron alí, aproveitando a ocasión para dedicarlle a carreira ao noso compañeiro Félix, que en breve pasará polo quirófano e saír dunha vez por todas da lesión que vén padecendo dende hai tempo.

Bo clima para correr nun circuíto de 3 voltas que combinaba asfalto e terra (nalgúns lugares branda). A distancia final foi aproximadamente duns 9 km, que completaron pouco máis de 90 persoas.

Moi bos resultados para os nosos, con J. R. Abel levando trofeo ao 3º posto na categoría. Quedaría moi destacado tamén Jose Iglesia, 4º na categoría e 7º na xeral. Salientar a volta ás carreiras de Óscar Valle logo de superar as súas doenzas. 

Gañaría a carreira Daniel Bargiela, sendo a primeira muller Isabel Sáez.

Entramos na Semana Santa pero o Noitebra non para. Entre as próximas citas está a tradicional carreira da Pascua en Padrón o Sábado Santo pola mañá. Iso si, LEMBRADE: o estadio de San Lázaro permanecerá pechado toda a semana para a práctica do atletismo.


Clasificación
Oficial (Championchip Norte)

Os nosos

Fotos
Foro Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo