A mañá do sábado algúns atletas do Noitebra se achegaron unha vez máis a Padrón, nesta ocasión para correr a Carreira da Pascua.
Foto: moses |
Por sorte, o clima acompañou quedando un día propicio para competir, aínda que o vento en contra na última parte do percorrido facía máis longos, se cabe, os algo máis de 13 km de distancia.
Foto: moses |
O primeiro en competir sería Walter, na carreira cadete-xuvenil, onde terían que completar un total de 4 km. Pronto se estiraría o grupo quedando o noso atleta en terra de ninguén, pero facendo a súa carreira con intelixencia. Ao final remataría no posto 23 (12 da súa categoría), correndo a un promedio por km de algo máis de 4:30.
Foto: moses |
Ás 12 do mediodía era a hora dos adultos, e, por unha vez os do Noitebra o tomaron con calma, saíndo desde a cola do nutrido pelotón (de algo máis de 440 persoas). Pouco a pouco foise collendo ritmo, animados dende o público por Mark Losada e Jorge García, logrando adiantar a bastante xente, e o que a priori parecía que ía ser unha carreira pracenteira post-gripe para un servidor, tornouse en sufrimento polas molestias estomacais. E menos mal que tiñamos a César Costoya de acompañante de luxo, que non me abandonou en ningún momento.
Foto: moses |
No mesmo plan estivo Amador, ben acompañado por compañeiros do Fontes. Os demais, cadaquén co seu calvario: Fleky tamén tocado do estómago, Gonzalo con molestias no xeonllo... E Manolo, de calvario nada, máis ben preparando a maquinaria para a carreira do día seguinte.
Gañaría a carreira Uxío Abuín, con Mela Penas como primeira muller.
Foto: moses |
Ao final, isotónica e chocolate con churros, e o mellor de todo é que o día seguía bastante bo logo de facer unha carreira que sempre se fai bastante dura pola distancia e algunhas costas no circuíto.
Percorrido e perfil
Percorrido |
Perfil |
Perfil con porcentaxes de desnivel |
Clasificacións
Os nosos
Fotos