luns, 12 de abril de 2010

Atletismo: Vig-Bay 2010

Medio maratón Vig-Bay: contra a distancia, a calor e as lesións…

O domingo o Noitebra desprazouse ata Vigo para disputar a Media maratón Vigo-Nigrán-Baiona. Como non fixeramos ata agora, e grazas aos amigos do Club de Atletismo Fontes do Sar, fixemos a viaxe en autobús (Pepe, Fernando, Jonal, Miguel e Nacho) con todas as comodidades que supuxo. Iso si, polo lugar e a hora da carreira tivemos que facer un bo madrugón xa que tivemos que partir sobre ás 8.00 h. dende o Multiusos do Sar.

Unha vez no noso destino puidemos apreciar o gran ambiente que ten esta carreira, con moita participación de todos os lugares de Galicia e Portugal. E alí nos preparamos para un día de quenta, xa que una hora antes da carreira xa estabamos preto dos 20 grados.

Con moita puntualidade deuse a saída e nos quedaba una boa tirada por facer (21.097 metros). Como era de esperar, a primeira parte da carreira foi máis ou menos levadeira (a pesar do duro perfil inicial) xa que nos atopabamos con forzas, pero faltando 6 km a meta, por Nigrán, a calor empezaba a facer estragos en todos os corredores e nin a abundante auga ofrecida nos controis axudaba (tiñamos sobre os 26 grados).

En canto ás sensacións individuais dos nosos, coincidimos en que se sufriu abondo. Enriba das dificultades propias de afrontar esta distancia, Jonal, Nacho e Miguel sufriron tamén polas lesións que os están a acompañar nestas últimas semanas, terminando como puideron a carreira… Os que mellor estiveron foron Pepe e Fernando, con este último baixando a súa marca nesta carreira con respecto ao ano pasado.

Ao final na meta gozamos dun bo avituallamento para repoñer forzas, e logo vir de volta no autobús para comer todos xuntos en Pontevedra, comentando anécdotas e pasando una boa tarde nun día que parecía de verán.


Clasificación:

Oficial, link aquí



Circuíto e perfil da carreira:




Fotos:

Grazas a tito (Correr en Galicia):


Máis fotos grazas a xinzo (Correr en Galicia):






Fotos de maridopi (Correr en Galicia):




Fotos de Charly (Correr en Galicia):


Máis grazas a Xandra, álbum 1 e 2 (Correr en Galicia):





Vídeos da chegada de www.corriendovoy.com:

Pepe e Miguel

Jonal e Fernando

Nacho

Instagram

Patrocinadores

Arquivo