domingo, 18 de abril de 2010

Atletismo: IV CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO

Outra tarde de atletismo, nesta ocasión cunha cita sen asfalto, natureza en estado puro, con monte e praia unidos. Antes de nada indicar onde se disputou a proba:

Así como o perfil da carreira e o percorrido da mesma:
Circuito precioso por unhas paraxes totalmente virxes, nunha carreira cuns principios precisamente conservacionistas e de posta en valor desta riqueza natural. (páxina da proba)

A cita tiña lugar o śabado 17 ás 17 horas, nun día de nubes e claros, aínda que con certa sensación de bochorno nos momentos previos ó comezo. Por parte do Noitebra foron da partida Nacho, Manolo, Jonal, Pepe, Julio e eu mesmo (Jaime), con dúas baixas por diversos motivos durante a semana de Moncho e Miguel.
7 km duros, sobre todo ó comezo, cunha subida ó Monte Facho, para observar as magníficas panorámicas da zona, que nesta ocasión non era posible (noutra ocasión con máis calma ;), xa que había que por toda atención nos pes e onde se poñían a cada zancada. Unha vez coroado o monte toca baixar con precaución para encamiñarse á praia de Espiñeirido, coa area facendo estragos nas pernas. Unha vez deixada atrás a area toca serpentear por camiños de lama, pedra e herba; os últimos kilómetros un pouco máis suaves, collendo un pouco de ritmo para encamiñarse cara a línea de meta. Alí esperábanos un avituallamento de luxo, con empanada, tarta de mazá, bica, froita en abundancia, isotónica de litro, auga e cervexa ben fría!!
Como anécdota comentar que a carreira coincidiu cunha proba de canicross, reducida por mor da calor e cunha iniciativa novedosa correspondente á clasificación por parellas (tendo que chegar os dous integrante á vez :) que tivo bastante aceptación.


A modo de conclusión, satisfacción e bo ambiente. Carreira moi recomendable e con moitos atractivos e sorpresas, coma o propio percorrido, que vai mudando cada ano, para descrubrirnos esos belos currunchos de Teira. Un pracer correla e un pracer tamén facer esta crónica. Saúdos, Jaime.

En breve irán aparecendo clasificacións, fotos e vídeos ...



Clasificación:

Oficial aquí




Fotos da carreira:

Por xentileza de moses (Correr en Galicia):









Grazas a banderas (Correr en Galicia):





Fotos grazas a billa (Correr en Galicia):















Grazas a linkinpark (Correr en Galicia)
:







Grazas a Juan Carlos (Correr en Galicia):



Vídeos da carreira por xentileza de boirinho (rodados por el mesmo mentras estaba a correr)

Instagram

Patrocinadores

Arquivo