A mañá do pasado domingo os atletas do Noitebra achegáronse a Boimorto para participar na IV edición da súa carreira popular. Nesta ocasión foio o noso compañeiro Félix quen nos animou a acudir a esta carreira para apoiar á súa organización, que sen dúbida está a facer un grande esforzo ano a ano para celebrar este evento.
A carreira, de 6.200 metros e de perfil quebrado, transcorreu por un percorrido de dúas voltas a un circuíto no que case un 90% foi por camiños de terra polo monte, o que nos fixo entrar en contacto coa natureza, pero tamén coa dureza das costas, da polvareda…
Na saída, Félix (de volta das vacacións), Fernando, Nacho, Jonal, Miguel, e de novo Fleky (Atl. Milladoiro) acompañándonos dende Santiago (mesmo a organización o inscribiu como noitebro…), xunto con moitos coñecidos e bos atletas como Gustavo Platas (gañador), Ivan Iglesias, Robertas Geralavicius, Paula Mayobre (gañadora), Chus Gestido…e outros populares como os exnoitebros Gonzalo (atletismo) ou Mallo (fútbol), entre outros.
Como era de esperar, carreira duriña e para saír con cabeciña, xa que o primeiro kilómetro era moi favorable e moito corredor arrincou a fume de carozo para estoupar logo na segunda volta. Como se adoita dicir, o tema está en cómo se remata e non só en cómo se comeza.
Ao final, outra carreira máis nas nosas perniñas, e de regalo camiseta conmemorativa laranxa, que, como algún dicía, era “estilo Noitebra”.
Pronto se achega o grande reto para finalizar a tempada 2009-2010 de atletismo…
Clasificacións
Oficial aquí
Os nosos:
Fotos
[Amosar/Ocultar]