luns, 27 de setembro de 2010

Fútbol: San Marcos 2 - Noitebra 2

O Noitebra empata 2-2 no desconto no campo de Bando ante o San Marcos.

Foi sobre todo un partido de alternativas no xogo e no marcador este encontro disputado o pasado domingo. Adiantaríase o Noitebra con gol de Rubén, é case de seguido empataría o San Marcos, que comezaría a xogar á contra, caendo varias veces en fóra de xogo e errando algunha ocasión clara diante de Isi. Así remataría a primeira metade (1-1).



Ao pouco de comezar a segunda parte adiantaríase o San Marcos despois dun erro na zaga do Noitebra despois dun saque de banda colgado á área. Pouco a pouco o Noitebra foi aumentando a presión e o San Marco trataba de facer dano á contra. Repetíanse os fóra de xogo nos locais así como claras ocasións salvadas por Isi ou pola defensa do Noitebra. Kike estivo case a piques de lograr o empate para os laranxas cun bo tiro dende fóra da área.
O Noitebra, realizando unha presión asfixiante, conseguiría no desconto (longo desconto de 10 minutos) o ansiado empate a 2 goles, obra de Jorge despois de rematar un balón solto nunha área repleta de xogadores de ambos equipos.
Aínda quedaría tempo para un ataque á desesperada do San Marcos, pero non habería tempo para máis.

Esta semana será xornada de descanso. O martes non haberá adestramento en San Lázaro (descanso, ou, quen queira, asistencia libre). O xoves adestramento nas Cancelas no horario de sempre.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo