mércores, 29 de setembro de 2010

Atletismo: VIII Carreira Popular Vila de Corcubión

O pasado sábado o noso compañeiro Pepe, xunto con Carlos e Fleky (amigos do club), participaron na carreira de Corcubión, duns 4700 metros de lonxitude e 3 voltas por un circuíto bastante rompepernas.


Como nos comentou Fleky, é unha carreira moi recomendable e familiar, xa que mesmo tivo menos participantes que a de Gundián (uns 50) a pesar de haber trofeo e premio económico aos gañadores nas diferentes categorías. Incluso a organización ofrecía a posibilidade aos atletas de recoñecer o circuíto previamente, o que lles permitiu valorar de antemán a dureza do perfil.

A carreira foi gañada por Gustavo Platas. O noso amigo Fleky foi 7º nun man a man con outro coñecido noso como é Arturo. Pepe remataría no posto 14 sufrindo como el sabe, servíndolle de semitest para o reto do Maratón do Miño deste domingo en Ourense.


Fotos de Pepe en Corcubión:
[Amosar/Ocultar]
Grazas a Vicky (Correr en Galicia):





Instagram

Patrocinadores

Arquivo